Dende a súa entrada en funcionamento a Panificadora transformou Vigo. Durante seis décadas a Cía. Viguesa de Panificación mudou o xeito de facer e comelo pan en cidade e bisbarra. Tralo seu feche en 1981, a súa enorme construción, privilexiada ubicación e impresionante historia, teñena convertido nun dos refrentes da identidade, cultura e sociedade viguesa. Queda aínda pendente a súa recuperación.

O Salto do Pego Negro, fundado en 1908 polo magnate Laureano Salgado, foi o responsable da primeira electrificación do Val Miñor. Os restos materiais que ainda se conservan desta pequena central, son un mimbre máis na historia dos aproveitamentos do río Zamáns/Vilaza. 

A cetaria de "Punta do Boi" ou "de Serapio", foi fundada por Serapio Puerta Oviedo e Mª Teresa Romalde, que dende Vigo, Baiona e Guarda estableceron unha rede de trata e comercio de langostas e lumbrigantes que se exteneu por toda España. Esta cetaria de grandes dimensións constitúe un magnifico exemplo da singular arquitectura industrial en pedra feita en Galicia.

A cetaria vella de Monte Real é a testemuña máis antiga do tempo en que Baiona (xunto coa Guarda) era a capital da langosta galega. Tamén é unha das poucas pegadas que ainda perviven do importante pasado industrial e pequeiro desta vila que hoxe vive primordialmente do turismo, e que habilmente converteu este patrimonio industrial nun espazo de lecer e saúde.

A PONTESA é unha das fábricas máis importantes da Ría de Vigo. Fundada en 1960 por Moisés Álvarez como unha aposta pola modernidade e internacionalización da industria cerámica española, tranformou fondamente a economía, paisaxe e sociedade do fondo da Ría de Vigo.

Salinas do Ulló

Salinas / Vilaboa / 1679 (?)

Hoxe en día o mais antigo elemento do Patrimonio Industrial da Ría de Vigo converteuse nun valiosísimo espazo histórico e natural. A conservación das bancas, comportas, casas, camiños, toponímia...permiten revivir catro siglos de historia das salinas, que tamén o son de Vilaboa.

En 1901 a electricidade chegou as rúas de Redondela gracias a Electra Popular e o Salto de Aranza. Despois de décadas de abandono, as pedras da primeira hidroeléctrica da Ría de Vigo pervive nunha paraxe maravillosa á beira do río Oitavén.

Conservas Sueiro

Conserveira e salga / Arcade / 1945

Conservas Sueiro é un tesouro do Patrimonio Industrial da Ría de Vigo. Os herdeiros conservan en excelentes condicións a materialidade e memoria da actividade desta pequena industria de Arcade fundada polo comerciante e industrial lugués Ramón G. Sueiro en 1945.

Estación de ff.cc. / Cedeira / 1878

Fito da modernidade e a era industrial na comarca. A ansiada chegada do ff.cc. a ría de Vigo revolucionou non só os transportes, se non tamén o resto da economía e a sociedade. As pedras do edifício principal estación, dunha excelente cantería, estan actualmente depositadas na estación de Redondela. 

Estaleiro de Vicente

Estaleiro tradicional / Domaio / 1920

Carpinteria de ribeira centenaria. A instalación feita por Manuel Rodríguez Lemos en 1920, pervive nun excelente estado de conservación en mans do seu sucesor Vicente Ferradás Moreira. Este estaleiro, xunto co próximo de Laxes, son os últimos supervivientes do importante núcleo de construcción naval que se deu en Domaio no s. XX.

Baleeira Massó

Baleeira / Darbo / 1955

A baleeira é unha das instalacións do complexo industrial de Massó en Cangas. É unha das catro factorías baleeiras que existiron en Galicia no século XX.  Xunto coa da Caneliñas (Cee) é a que mellor estado de conservación amosa.

AUCOSA

Frigorífica / Coia / 1959

A instalación de AUCOSA en Beiramar é unha das pezas máis vistosas da “revolución do frío” que viviu a industria pesqueira viguesa a mediados do século XX

Bernardo Alfageme

Buque arrastreiro / Coia / 1944

Pioneiro da pesca galega, foi dos primeiros arrastreiros en facer mareas no Gran Sol e Terranova. Feito en aceiro remachado no astaleiro vigués Barreras, é o único buque deste tipo da primeira metade do século XX que ainda se conservaba en condicións de navegación en España; ata que, en 2015, foi varado nunha rotonda polo Concello de Vigo.

Please reload

Vindeiras fichas

Cerámicas de Nigran

Cerámica / Nigrán / 1942 ?

Cordelerias MAR

Redeira / Vigo / 1958

Cargadoiro minerais / Cedeira / 1968

Conserveira Miau

Conserveira / Bouzas / 1924 

Please reload