Ficha i016

CARGADOIRO DE COTO WAGNER

Tipo

Cargadoiro

Sector

Minería

Uso actual

Baldío

Concello

Redondela

Parroquia

Cedeira

Lugar

Rande

Enderezo

non procede

Coord.

N 42º17'15'' O 8°39'11'' GPS: 42.2877, -8.6533

Cargamento, 1966.
Cargamento, 1966.

Imaxe dun dos primeiros cargamentos de mineral de ferro no cargadoiro de Coto Wagner. Foto do Arquivo da Vulcano, ano 1966.

press to zoom
Aérea, 1993.
Aérea, 1993.

Foto aérea do cargadoiro de Coto Wagner, xa en desuso pero empregado como peirao de amarre. Foto IPAIVC, 1993.

press to zoom
Dende a plataforma metálica.
Dende a plataforma metálica.

Vista da torre de carga dende o centro da plataforma metálica do peirao de carga. Foto Laura Iturralde, ano 2016.

press to zoom

Historia

Fundación

1966

Feche

1986

Fundador

Minero-Siderúrgica de Ponferrada S.A.

Costa de Rande, 1956
Costa de Rande, 1956

Fotografía aérea do "voo americano de 1956", no que se aprecia a liña de costa previa á instalación do cargadoiro do Coto Wagner.

press to zoom
Construción, ca. 1964.
Construción, ca. 1964.

Unha das primeiras fases de construción do cargadoiro nunha foto do Arquivo Pacheco, ca. 1964.

press to zoom
Accidente, ca. 1965.
Accidente, ca. 1965.

Intantánea dun accidente nas obras da explanación do cargadoiro de Coto Wagner. Ao fondo, o cargadoiro de Rande ou do alemán. Foto do Arquivo Pacheco, ca. 1965.

press to zoom
Costa de Rande, 1965.
Costa de Rande, 1965.

Vista da costa de Rande onde se aprecia o cargadoiro de Coto Wagner en fase de construción. Detalle dunha foto do fondo de Fotografía Aérea y Terrestre do Arquivo de Galicia, de xullo de 1965.

press to zoom
Inactividade, ca. 1990.
Inactividade, ca. 1990.

Foto aérea do cargadoiro de Coto Wagner do "voo de Costas, 1989-91". Aprécianse un tren de vagóns no apartadoiro e moreas de carbón no vertedoiro da explanación.

press to zoom
Parte de terra, 1993.
Parte de terra, 1993.

Vista aérea da parte de terra do cargadoiro de Coto Wagner, onde se ven a explanación, o talude e un tren de vagóns de carga abandonados. Foto IPAIVC, ano 1993.

press to zoom

Reseña

Pendente de elaboración.

Procesos produtos

Pendente de elaboración.

Maquinaria 

conservada

Control.
Control.

Posto de control do cargadoiro no alto da torre de carga. Foto © Juan Iglesias Abellán, ano 2016.

press to zoom
Motor carro.
Motor carro.

Un dos motores do sistema de desplazamento da torre de carga. Foto © Juan Iglesias Abellán, ano 2016.

press to zoom
Guinche manual.
Guinche manual.

Guinche ou cabrestante manual ubicado na terraza da caseta de distribución, no NE do peirao de carga. Foto © Juan Iglesias Abellán, ano 2016.

press to zoom
Cabrestante.
Cabrestante.

Cabrestante da pluma da torre de carga. Foto © Juan Iglesias Abellán, ano 2016.

press to zoom
Estator.
Estator.

Estator dun motor eléctrico, que se atopa desmotado na torre de carga. Foto © Juan Iglesias Abellán, ano 2016.

press to zoom

Materalia

Pendente de elaboración.

Arquitectura

Superficie parcela

36.000 m2 (aprox.)

Sup. ocupación

No mar: 3.000 m2 (aprox.)

Vista xeral.
Vista xeral.

Vista dende o suroeste da parte de auga do cargadoiro de Coto Wagner. Foto Iria Sobrino e Rai Calviño, ano 2008.

press to zoom
Peirao de carga.
Peirao de carga.

Vista frontal do peirao de carga. Foto Óscar Franco Barros, ano 2021.

press to zoom
Peirao, sector leste.
Peirao, sector leste.

O estremo norleste do peirao de carga, coa caseta de distribución e a torre de carga. Foto Óscar Franco Barros, ano 2021.

press to zoom
Torre de carga, perfil.
Torre de carga, perfil.

Detalle da torre de carga, coa pluma extensible e a cabina de control. Foto de arredor de 2017 de "An industrial-archaeolical approach to the mineral loading docks in Rande,..."

press to zoom
Torre de carga, base.
Torre de carga, base.

Imaxe onde se aprecia a base de carro e as vías polas que se desplazaba a torre de carga, así como a cinta tranportadora. Foto © Juan Iglesias Abellán, ano 2016.

press to zoom
Torre de carga, detalle.
Torre de carga, detalle.

Foto na que se aprecia a roda do sistema de desplazamento da torre de carga. Foto Jose Manuel Fernández Carrillo, ano 2018.

press to zoom

Descriptiva

O cargadoiro de Coto Wagner está localizado na beira sur do estreito de Rande, no extremo oeste da costa da parroquia de Cedeira, entre os lugares de Canguelos e Muradas (topónimos que as veces son empregados na denominación deste cargadoiro, para diferencialo do que antes foi chamado como "o de Rande").

Todo este sector da beira sur do estreito de Rande presenta dúas condicións que o fan idóneo para a trasfega de mercadorías masivas: por unha banda a súa proximidade á liña de ferrocarril (apenas 100-150 m), e por outra, unha batimetría abrupta, que permite construír doadamente peiraos co calado suficiente para grandes embarcacións (5-15 m). De feito, este mesmo treito de costa xa fora escollido anteriormente para instalar a "Vidriera Gallega" e unha fábrica de sulfatos de cobre (nestes dous casos, a materia prima chegaba por vía marítima e o produto expedíase por ff.cc.), así como o outro cargadoiro de mineral da ría de Vigo, o "de Rande", ou "do alemán", do que apenas dista uns 600 metros.

Segundo diversas fontes, o deseño do cargadoiro de Coto Wagner é atribuído ao "enxeñeiro Eloy Fernández-Valdés Rodríguez" *1, 2 e 3, ou ao equipo do "enxeñeiro de camiños Julián González Montesinos e o enxeñeiro de minas Juan Candeo Feito" *4. É posible que os tres participaran de xeito conxunto ou alterno no deseño dos diversos enxeños que compoñen o cargadoiro. Coñecemos tamén dúas empresas que participaron na construción: a viguesa "Factorías Vulcano" (que se ocupou da estrutura metálica da ponte e do peirao de carga) e "Entrecanales y Tavora S.A.".

O cargadoiro de Rande está composto por catro elementos: apartadoiro de ferrocarril, explanación-depósito, sistema de trasfega e peirao de carga *5.

- O apartadoiro de ff.cc. do cargadoiro de Coto Wagner é moi sinxelo, consiste en dúas vías e non chega aos 10 metros de ancho. Este apartadoiro é unha concesión pública, e non a incluímos no cálculo da superficie da parcela do cargadoiro.

A primeira das vías, a de derivación, ten uns 430 metros de lonxitude, arrinca no qm 123 da liña de ferrocarril de Ourense-Vigo, sentido Vigo (xustamente a altura da antiga caseta de "Azufres del Noroeste SA"), e remata pouco máis aló do estremo SSO da parcela. A outra vía, a de descarga, mide uns 320 metros, e está disposta xusto a beira e en paralelo do talude da explanación. Deste xeito, os vagóns, que contaban con vasos de descarga lateral automática, verquían directamente o mineral sobre a explanación. 

- A explanación é unha gran superficie chaira duns 100 x 350 m. Desta superficie, a maior parte (os 22.366 m2 da parcela privada) foi gañada polo desmonte de varias parcelas costeiras (entre elas, no extremo NL, a parcela onde antes atopabase a Vidriera Gallega). Houbo tamén un considerable recheo do mar (os 13.777 m2 da concesión portuaria), incluída a formación dun promontorio que fai de arrinque da "ponte transversal" que leva ao "peirao de carga".

A explanación atópase uns 20 metros por debaixo do nivel da liña de ff.cc., desnivel que é salvado por un inmenso talude. Este talude ten dous treitos, o superior está feito de cantería concertada en formigón, mentres que na parte inferior, ao xeito de zócolo, hai unha faixa, de altura variable, feita en formigón armado.

Dentro da explanación diferéncianse dúas zonas: o "vertedoiro" e a "praza". O vertedoiro é a faixa máis próxima ao talude, onde amoreábase o mineral, mentres que o resto, cara o mar e o NL, era a "praza", o espazo libre. Ao pé do talude, no chan do vertedoiro, había unha liña de vinte dúas bocas con comportas pneumáticas que alimentaban o sistema de trasfega do mineral. No centro da praza, había unha caseta que aloxaba o transformador principal do cargadoiro. No extremo NE, no lado do camiño de acceso ao cargadoiro, aínda se conserva un edificio, "duns 80 m2", de dúas plantas para "oficinas, aseo e vivenda do peón".

- Así como o apartadoiro e o depósito eran moi sinxelos, o sistema de trasfega interna do cargadoiro de Coto Wagner, altamente mecanizado e automatizado, era moi complexo. Nun primeiro sector, aloxadas baixo o vertedoiro nun amplo túnel de formigón armado paralelo á liña do talude, dúas cintas transportadoras recollían, dende os extremos cara o centro, o mineral verquido polas comportas abertas no solo do vertedoiro. No punto que conflúen ambas cintas (de 142 e 170 metros de longo),arrinca a cinta transportadora principal, a que, nunha suave pendente ascendente, leva o mineral cara o peirao. Esta cinta principal (hoxe desaparecida no seu treito de terra), en total medía uns 200 metros, despois de recorrer uns 10 metros en galería, emerxía nunha gabia á superficie no centro da explanación, e finalmente chegaba ata o peirao de carga mediante unha ponte. Esta "ponte transversal", que aínda se conserva, consiste en dúas plataformas de 43 metros, de estrutura de celosía, feitas de aceiro laminado . Esta plataforma, que mide uns 3,5 metros de ancho, ten un apoio central, composto dunha "torre de cabalete uns 6 metros de altura" sobre base de formigón armado.

- O peirao de carga é o elemento máis senlleiro do cargadoiro de Coto Wagner. Consiste en tres grandes "plataformas" de formigón, unidas por unha "ponte" de estrutura de aceiro. 

Cada unha das tres plataformas mide uns 16x24 m, e teñen en cada unha das súas catro esquinas un pequeno piar sobre o que se apoia a estrutura metálica da ponte do peirao. Na faixa superior destas plataformas de formigón, na cara que mira a terra, está rotulado "MINERO-SIDERÚRGICA / DE PONFERRADA S.A. / COTO WAGNER". Doutro lado, unhas defensas de caucho, permitían enconstalos barcos ao peirao sen afectar a estrutura metálica. O espazo libre entre plataformas é duns 38 metros.

A ponte, feita en "seccións e pranchas de aceiro laminado" dun grosor "non inferior a 8 mm", ten unhas dimensións duns 14x150 m e sobre ela descansan outros tres elementos do peirao de carga. No estremo NL, no punto no que chega a cinta transportadora principal á plataforma de carga, hai unha gran caseta, "duns 16x6 metros", de paredes e cuberta de chapa ondulada de aceiro galvanizado. No interior desta caseta (que tamén alberga unha subestación eléctrica e as escaleiras distribuidoras do tránsito das persoas) é onde facíase a derivación do mineral da cinta principal, provinte de terra, á segunda sección: a cinta transportadora que percorre o longo da plataforma de carga. O terceiro elemento é o máis complexo, a torre de carga móbil. A base desta torre é un carro (cunha distancia de 12,5 m entre vías), que, gracias a catro motores, se podía desprazar sobre dúas vías ao longo de 123 metros do peirao, e mediante un "lazo", recoller o mineral da cinta lonxitudinal. Sobre o carro eríxese a torre propiamente dita, que contaba cun guindastre que permitía  despregar unha pluma (ou "brazo") de 21,5 metros de longo. Por dentro deste "brazo" percorría unha derradeira cinta transportadora, que mediante unha "canle telescópica con boca xiratoria" montada sobre un carro que se desprazaba polo brazo, permitía botar finalmente o mineral nas adegas de graneleiros, aínda que fosen de diferente mangas e alturas.

Na parte superior desta torre, no lado do mar, integrado no arco que sostén o guindastre da pluma, atópase a cabina de control de todo o sistema de trasfega do cargadoiro e a torre do peirao de carga.

Planos

Pendente de elaboración.

Estado de conservación

Pendente de elaboración

Cívica

Visita

Explanación: libre. Resto: inaccesible.

Uso actual

Ex: Aparcadoiro. R: baldío.

Pendente de elaboración.

Propiedade

Proteccion 

histórico-cultural

- O cargadoiro de Coto Wagner está incluído no Catálogo do Plan Básico Autonómico.

-Todo o cargadoiro pertence ao espazo da "Rede Natura 2000".

Afectación urbanística

Pendente de elaboración.

Proxectos de reutilización

Pendente de elaboración.

Coñecer máis 

* Cargadoiro de Rande / do alemán.

* Rede ferroviaria da ría de Vigo.

* Factorias Vulcano.

Patrimonio

relacionado

Non se coñecen

Testemuñas

Bibliografía

Bibliografía

* ROMÁN LOSADA, ALBERTE. Sal, Sardiñas e Peiraos; Achega ao patrimonio marítimo na Ensenada de San Simón. Redondela: Edita Asociación Cultural Alén Nós. 2009. 1

* LARA COIRA, MANUEL. Pegadas da industrialización en Galicia; A Enseada de San Simón. A Coruña: ed. Ézaro e Buxa. 2016. 2

* ASOCIACIÓN RANDE PATRIMONIO EUROPEO. Informe sobre el valor cultural y social del cargadero Coto Wagner, Redondela (Pontevedra)Redondela. 2020. 3

Ficha 71 do "Proyecto COAG/VIGO: patrimonio arquitectónico moderno y contemporáneo en Galicia ‘Arquitectura industrial en Vigo" de SOBRINO FAGILDE, IRIA e CALVIÑO IGLESIAS, RAI . Vigo: ed. COAG Vigo. Ano 2008. 4

* MENÉNDEZ SUÁREZ, CARLOS. "Breve aportación a la historia minera de del Coto Wagner de la Minero-Siderúrgica de Ponferrada, S.A.", en "De Re Metallica", nº 23. Ed: Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero. 2014. 

* POZO ANTONIO, J. SANTIAGO; PÉREZ REY, IGNACIO; e RIAL, GONZALO. "An Industrial-archaeological Approach to the Mineral Loading Docks in Rande Strait, northwestern Spain",en "Industrial Archaeology Review", nº 39:1. Publicación on-line. 2017.

* FRANCO, ÓSCAR. Ficha do "Cargadoiro de Coto Wagner" no catálogo de patrimoniogalego.net. Consultado o 18-I-2021.

Ficha 159 do Inventario da "Asociación Galega do Patrimonio Industrial Buxa   www.asociacionbuxa.com. Consultado o 14-I-2021.

Ficha 56 do "Invetario de recursos turísticos da Enseada de San Simón". Feito por "A Citania" para o proxecto "MARISMA" do Concello de Redondela. 2010. 

* Ficha 42 do "Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial en Vigo y su comarca" de BEREA, EDUARDO e GARCÍA MOVILLA, C. Ed. MOPU. Ano 1993.

Arquivos

* Arquivo Municipal de Redondela. Escritura notarial de compravenda, incluída en "Actividade de almacenamento, mezclado e comercialización de cemento e productos de adicción. Situación cargadoiro de mineral situado  na marxe esquerda ría de Vigo. Rande. Chapela.", exp. 031/02. Actividades Clasificadas. 2002. (5)

Agradecementos

A Juan Iglesias Abellán, Zacarias Abad, Laura Iturralde, Óscar Franco Barros, Jose Manuel Fernández Carrillo e aos dous equipos formados por Iria Sobrino e Rai Iglesias e José Santiago Pozo, Ignacio Pérez Rey e Gonzalo Rialo, por ter cedido as súas fotos para ilustrar esta ficha.