Conservas Alfageme
Conserveira / Bouzas / 1927
A factoría de Alfageme en Bouzas foi durante setenta e cinco anos a central dunha das empresas conserveiras máis importantes e populares de España. A futura conservación e reutilización deste valiosísimo elemento do noso patrimio depende dunha enérxica actuación das administracións públicas que non se está a encamiñar polo momento.
Revisión do PXOM de Vigo
A maioria do patrimonio industrial da cidade seguería desprotexido
En abril de 2020 o Concello de Vigo iniciou a tramitación dun novo PXOM de Vigo. Segundo o Borrador da revisión do PXOM presentado, o Concello pretende reeditar o catálogo de patrimonio cultural do PXOM do 2008. Neste artigo analizamos a proposta do Concello e sinalamos algúns puntos crítico onde é preciso mellorar a protección do noso patrimonio.
Cargadoiro de Rande
Cargadoiro de mineral / Trasmañó / 1926
O cargadoiro de Rande, asociado ás minas de ferro do Freixo (Monforte), é un elemento senlleiro do patrimonio mineiro de Galicia. A súa rehabilitación é unha tarefa fundamental para a posta en valor do patrimonio industrial da ría de Vigo e do conxunto patrimonial de Rande.
Panificadora de Vigo
Fariño-panadeira / Vigo / 1924
Durante seis décadas a Cía. Viguesa de Panificación mudou o xeito de facer e comelo pan en cidade e bisbarra. Tralo seu feche en 1981, a súa enorme construción, privilexiada ubicación e impresionante historia, teñena convertido nun referente da identidade, cultura e sociedade viguesa. Queda aínda pendente a súa recuperación.
Salto do Pego Negro
Hidroléctrica / Vilaza / 1908
O Salto do Pego Negro, fundado en 1908 polo magnate Laureano Salgado, foi o responsable da primeira electrificación do Val Miñor. Os restos materiais que ainda se conservan desta pequena central, son un vimbio máis da historia dos aproveitamentos do río Zamáns/Vilaza.
Denunciamos a inoperancia do Concello de Vigo
Estanos a dificultar a catalogación do noso patrimonio industrial
Nos últimos meses requerimos en dúas ocasións a colaboración do Concello de Vigo no noso proxecto de catalogación do Patrimonio Industrial da Ría de Vigo: nunha ocasión por PONTESA e noutra pola Panificadora. Ambas solicitudes tiveron unha resposta insatisfactoria.
Cetaria de Serapio
Cetaria / Baiona / 1955
Esta cetaria foi fundada por Serapio Puerta Oviedo e Mª Teresa Romalde, que dende Vigo, Baiona e Guarda estableceron unha rede de trata e comercio de langostas e lumbrigantes que se exteneu por toda España. Esta cetaria de grandes dimensións constitúe un magnifico exemplo da singular arquitectura industrial en pedra feita en Galicia.
A industria pontevedresa ao cabo da Guerra Civil
A visión da propaganda fascista
En xullo do 1939, para celebrar a victoria do bando fascista, a Falanxe galega, mediante o seu organo "El Pueblo Gallego", lanza un número extraordinario, baixo o título Galicia en la Cruzada Nacional. Neste artigo presentamos o achádego deste tesouro hemerográfico, prestando atención á imaxe que o novo réxime quería dar da industria de Vigo.
PONTESA
Cerámica / Pontesampaio / 1960
A PONTESA é unha das fábricas máis importantes da Ría de Vigo. Fundada en 1960 por Moisés Álvarez como unha aposta pola modernidade e internacionalización da industria cerámica española. Esta factoría transformou fondamente a economía, paisaxe e sociedade do fondo da Ría de Vigo.
Foi a primeira industrial de Vigo unha muller?
A impresionante historia de Mª Alfonso de Pazos Figueroa
Pouco sabemos desta pontevedresa afincada en Vigo a finais do século XV, pero o pouco que sabemos dela é impresionante: despois de ser abandonada polo seu marido e despoxada do seu patrimonio polos Reis Católicos, consegue un pequeno emprestito familiar que investirá na fabricación e comercio de teas e peixes co Norte de Europa e Andalucía.
Salinas do Ulló
Salinas / Vilaboa / 1679 ?
Hoxe en día o mais antigo elemento do Patrimonio Industrial da Ría de Vigo converteuse nun valiosísimo espazo histórico e natural. A conservación das bancas, comportas, casas, camiños, toponímia, ..., permiten revivir catro siglos de historia das salinas, que tamén o son de Vilaboa.
Conservas Sueiro
Conserveira e salga / Arcade / 1945
Conservas Sueiro é un tesouro do patrimonio industrial da ría de Vigo. Os herdeiros conservan en excelentes condicións a materialidade e memoria da actividade desta pequena industria de Arcade fundada polo comerciante e industrial lugués Ramón G. Sueiro en 1945.
Antiga estación de Vigo
Estación de ff.cc. / Cedeira / 1878
Fito da modernidade e a era industrial na comarca. A ansiada chegada do ff.cc. á ría de Vigo revolucionou non só os transportes, se non tamén o resto da economía e a sociedade. As pedras do edifício principal estación, dunha excelente cantería, estan actualmente depositadas na estación de Redondela.
Estaleiro de Vicente
Estaleiro tradicional / Domaio / 1920
Carpinteria de ribeira centenaria. A instalación feita por Manuel Rodríguez Lemos en 1920, pervive nun excelente estado de conservación en mans do seu sucesor Vicente Ferradás Moreira. Este estaleiro, xunto co próximo de Laxes, son os últimos supervivientes do importante núcleo de construcción naval que se deu en Domaio no século XX.
Bernardo Alfageme
Buque arrastreiro / Coia / 1944
Pioneiro da pesca galega, foi dos primeiros arrastreiros en facer mareas no Gran Sol e Terranova. Feito en aceiro remachado no astaleiro vigués Barreras, é o único buque deste tipo da primeira metade do século XX que aínda se conservaba en condicións de navegación en España ata que, en 2015, foi varado nunha rotonda polo Concello de Vigo.