A revisión do PXOM de Vigo e o catálogo de elementos a conservar: o caso do patrimonio industrial.

O pasado 7 de abril de 2020, durante o máis duro da pandemia de COVID-19 e o Estado de Alarma, a Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobou a tramitación dunha Revisión do Plan Xeral de Ordenación MunicipalAxiña, ao día seguinte, o Concello de Vigo presentou perante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia a solicitude do procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica da devandita Revisión do PXOM

Para moitos/as a sorpresa, ou incluso ofensa pública, foi maiúscula. Lembremos que estabamos en Estado de Alarma, cos trámites e prazos administrativos suspensos e os edificios e espazos públicos fechados. Nestas condicións a cidadanía de Vigo non pode informarse, reunirse e asociarse normalmente, non pode, en suma, participar en condicións no deseño do plan de urbanismo da súa cidade. 

Un dos ofendidos por esta falcatruada do Concello de Vigo foi Vigo Industrial, ao que precisamente o Estado de Alarma significou a parálise dos trámites administrativos da súa constitución como Asociación Cultural. Queda unha vez máis probado que o Alcalde de Vigo non quere que outros participen na vida pública do que el considera a súa exclusiva competencia.

Presentamos aquí agora un artigo no que nos concirne: como é (mal)tratado o rico patrimonio industrial de Vigo nesta Revisión do PXOM, e o que a cidadanía pode aínda facer para mellorar o futuro do seu patrimonio.

A anulación do PXOM e a reacción do Alcalde de Vigo. 

En  novembro de 2015 unha sentenza do Tribunal Supremo anulou o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo que fora aprobado en maio de 2008.

Durante os seus oito anos de elaboración, este PXOM xa fora fortemente rexeitado por amplos sectores da cidadanía. Durante a súa tramitación presentáronse máis de 6.000 alegacións particulares, e trala súa aprobación definitiva, fixeron o propio centos de recursos.

Abel Caballero sempre defendeu a capa e espada a solidez xurídica do PXOM do 2008 (1), pero finalmente, o éxito perante o TS do recursos presentado pola Asociación Alternativa Veciñal Vigo, sobre a obriga existente dende o ano 2006 de realizar unha Avaliación Ambiental do Plan, devolvía á cidade ao punto inicial, ao ano 2000: Vigo debería tramitar dende o inicio o seu PXOM, e entre tanto o urbanismo da cidade (licenzas de obra, plans de desenvolvemento,...) pasaría a rexerse polo antigo e obsoleto Plan General de Ordenación Urbana do ano 1993 (que tamén sufrira moitas anulacións parciais). 

Os incovenientes destas circunstancias eran enormes, moitos, dende o máis pequeno/a dos/as particulares ata as grandes empresas inmobiliarias ou as propias administracións públicas veían truncados os seus proxectos urbanísticos.

Abel Caballero tentou transmitir tranquilidade a cidade. A solución ía ser sinxela, o goberno municipal tiña maioría absoluta, había "cohesión" cos axentes sociais e económicos e o "consenso (era) importante": "por razóns de rapidez na tramitación" o modelo de cidade estaba claro, tiña que ser o mesmo do PXOM do 2008 (2). Bastaba con refacer o PXOM do 2008 axustándose ás "modificacións técnicas da nova lexislación" (3). Partindo do documento de 2008 ía ser unha "tramitación moi rápida", sería posible "levalo adiante a velocidade moi notable" (4). O plan de Caballero de reeditar o PXOM do 2008 "nun 99%" era tan perfecto que, apenas dúas semanas despois de publicarse a sentenza do TS, o 15 de decembro, o Alcalde anunciaba que esa mesma semana iniciábase a tramitación do novo PXOM: e con iso xa se aforraran "alomenos (sic) tres anos" (5 e 6).

En agosto de 2016 Abel Caballero asegurou que "en aproximadamente seis meses" Vigo tería legalizado o PXOM do 2008 (7). Pero non foi así. 

 O longo camiño do novo PXOM de Vigo: o xa percorrido. 

En realidade a solución non era tan sinxela. Era necesario realizar unha auténtica revisión do PXOM do 2008, non unha simple reedición do Plan Xeral do 2008 que pasase os trámites no ano 2016. 

Precisamente, se no anos 2006-07, o Concello de Vigo tirou "monte a través" e non reconduciu a tramitación do PXOM para que este pasara a Avaliación Ambiental, foi porque non era viable que ese PXOM cumprira os novos requisitos ambientais xurdidos dunha directiva da UE do ano 2001 (8), e adoptadas en España no ano 2006 (9). Había que redactar un novo documento, cun plan e norma urbanística que cumprise todos os requisitos legais vixentes (incluídos os ambientais) e expolo novamente á consulta, e posibles alegacións, de administracións competentes e a cidadanía. E, se non se quería volver ás polémicas da tramitación do PXOM do 2008, non dar por sentado a "cohesión" e consensualo efectivamente coa cidade. 

Un proceso longo e complicado, que no mellor dos casos levaría varios anos, e que de facto, a pesar das continuas aseveracións positivistas de Caballero, o Concello de Vigo non puxo en marcha ata que en outubro de 2018 adxudicou o contrato de redacción do novo Plan Xeral (10).

No entre tanto o Abel Caballero especulaba coa reedición do PXOM do 2008 foi aprobada unha nova lei autonómica, a "Lei 3/2016, do 3 de Marzo, de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de excepcional interese". Esta lei coñecida como a Lei Vigo, que permitía desenrolar proxectos como o centro comercial Vialia ou a ampliación do IFEVI que non cabían no PGOU de 1993. Un ano despois, cando xa por fin no Concello recoñecían que era preciso facer un novo Plan Xeral (11), aprobábase outra lei autonómica, a Lei 2/2017, que dous anos despois, en xullo de 2019 permitía ao Concello de Vigo habilitar un Instrumento de Ordenación Provisional para amplas zonas delimitadas como solo urbano consolidado no PXOM do 2008.

Foi finalmente o 8 de abril deste aciago ano 2020 cando por fin o Concello de Vigo iniciou a tramitación do novo PXOM presentando perante a Consellería de  Medio Ambiente solicitude de apertura do procedemento de Avaliación Ambiental Estratéxica para o Plan Xeral de Vigo. Para poder facelo en metade do Estado de Alarma, o Concello de Vigo apelou ao Real Decreto 465/2020, que excepcionalmente permitía iniciar trámites en caso de que fosen "indispensables para la protección del interés general o para el funcionamiento básico de los servicios".

A solicitude do Concello de Vigo acabou sendo aceptada pola Consellería de Medio Ambiente, e dous meses despois, pasado xa o Estado de Alarma, iniciouse o procedemento de AAE coa exposición pública do Documento Inicial Estratéxico e o Borrador da revisión do PXOM. O período de consultas permaneceu aberto ata o 8 de agosto, e como explicaremos máis adiante, a Asociación Vigo Industrial presentou unha suxestión de mellora do PXOM no concerninte ao conxunto do catálogo do patrimonio cultural e a conserveira Alfageme en particular. Foi a nosa unha das moitas suxestións de melloras emitidas pola sociedade civil. Tamén houbo informes pedindo melloras e aclaracións por parte de varios órganos da administración pública competentes, como a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Por último, o 22 de setembro a Consellería de Medio Ambiente emitía o Documento de Alcance no que lle expuña ao Concello de Vigo unha longa serie de "consideracións" que este debía integrar na súa Proposta Final do PXOM e o Estudo Ambiental Estratéxico se quería superar o procedemento de AAE.

E ata aquí chega por agora o percorrido do novo PXOM de Vigo.

aquallero.jpg

Caricatura de Abel Caballero feito por Avione.

76_9.JPG

Interior do almacén de La Artística, un dos edificios que non está claro se se quere conservar no novo PXOM.

Foto de Uxío Reinoso do ano 2011.

Vanosa IMGP4464.jpg

Os restos do forno de VANOSA, un elemento que, en principio, non aparece no catálogo de elementos a conservar do novo PXOM.

Foto de David Amoedo, ano 2020.

 O longo camiño do novo PXOM de Vigo: o que queda aínda por percorrer. 

Falta agora que o Concello de Vigo elabore aqueles dous documentos e realice el mesmo a Aprobación Inicial da Revisión do PXOM que deberá ser remitida novamente a Consellería de Medio Ambiente para que esta a someta ás diferentes administracións públicas competentes, recave os seus informes, e finalmente, nun prazo máximo de 3 meses, emita (a Consellería) o seu propio informe, dándolle, ou non, o visto bo ao Concello. 

Tamén deberá o Concello de Vigo publicar a Aprobación Inicial do PXOM no DOG. Abríndose entón un novo prazo de dous meses exposición pública do PXOM no que a cidadanía poderá facer as súas alegacións.

Seguidamente (en caso de habelas), as alegacións particulares pertinentes e as indicacións dos informes dos órganos competentes deberán ser integrados nunhas nova Versión Final do PXOM e de Estudo Ambiental Estratéxico. Que será novamente sometido á Consellería de Medio Ambiente, para que, nun prazo máximo de cinco meses, confirme e emita unha Declaración Ambiental Estratéxica. Esta Declaración Ambiental Estratéxica, pode implicar unha nova revisión da Versión Final do PXOM, que entón deberá ser novamente exposto a información pública e ás alegacións particulares.

Só entón, unha vez haxa un Versión Final do PXOM acorde a Declaración Ambiental Estratéxica, poderá o Concello realizar a Aprobación Provisional do novo PXOM de Vigo. Esta Aprobación Provisional do Novo PXOM consolidaríase en Aprobación Definitiva no caso de non haber ningunha petición de emenda por parte da Consellería de Medio Ambiente no prazo dun mes (en caso de haber petición de emenda, a Aprobación Definitiva acadarase cando o Concello emende o requerido).

 O patrimonio industrial no catálogo do antigo PXOM de Vigo. 

Toca agora aclarar que o catálogo de patrimonio cultural do PXOM  do 2008 non foi anulado pola sentenza do TS de novembro de 2015. O catálogo do 2008 seguiu en vigor en todo momento en virtude do artigo 31.4 da Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galicia.

O catálogo do PXOM ano 2008 comprende doce elementos de patrimonio "Clase: Arquitectura" e "Tipoloxía: industrial":

- Edificio da rúa República Arxentina nº8.

- Edificio de conservas Cerqueira.

- Adegas Bandeira.

- Depósito de Auga de EMAVISA.

- Edificio da Conserveira Albo.

- Conserveira Alfageme.

- Edificio Motores (Antiga Barreras).

- Fábrica de salazón (sic) da rúa Xulián Estévez.

- Fachada do Edificio La Artística 2.

- Edificio A Metalúrxica (sic).

- Fábrica Ribas (sic).

- Conservas Virci (sic).

No catálogo do 2008 tamén hai catro elementos de "Clase: Arquitectura" pero clasificados nunha "Tipoloxía" diferente a "Industrial", pero que segundo a metodoloxía de Vigo Industrial, son elementos e patrimonio industrial:

- Antiga estación de ferrocarril (Civil).

- Oficinas para armadores (Civil).

- Taller mecánico (Civil).

- Museo do Mar (Museo)

Hai amais no catálogo do PXOM do 2008,tres elementos certamente clasificados como de "Tipoloxía: Industrial", pero baixo a "Clase: Xacementos arqueolóxicos", os tres nas illas Cíes:

- Fábrica de salgadura (sic) de Muxieiro.

- Casa e viveiro de langosta. (Illa Norte)

- Fábrica de salgadura (sic) de San Martiño / Fábric (sic).

E tamén algúns que aparecen no catálogo da patrimonio etnográfico (que non é un catálogo con ficha, senón un inventario, unha listaxe feita entre 1989 e 1995) como son:

- Conserveira en Avd. da Atlántida (sic). O Museo do Mar, outra vez.

- Conserveira en Avd. da Atlántida nº 54 (Roade). Aínda que xa foi demolida cara o ano 1998.

- Inmoble Xunqueira do Lagares. Casa-alfolín das salinas do Lagares (?).

Por outra banda quedaría o caso da Panificadora (incluído no catálogo do PEPRI, e cuxa ficha está a ser modificada dentro da Modificación Puntual do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello de Vigo, Zona Panificadora) e dalgunhas pequenas instalacións industriais de edificios incluídos nos PEPRI do Casco Vello de Vigo, ou o PEPRI de Bouzas.

Caso semellante sería a doutros talleres industriais deste tipo (como a cristalería La Belga, no nº 8 da rúa Velázquez Moreno) cuxo edificio estivese protexido por plans de conservación parciais como son o Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a Conservar ou o Plan Especial de Elementos a Conservar do Catálogo.

Así pois (baixo a óptica de Vigo Industrial), segundo os catálogos do PXOM e os plans especiais de protección , en Vigo. apenas habería pouco máis de dúas ducias de elementos de patrimonio industrial protexidos.

Parécenos poucos. Probablemente a vostede tamén. Para facer unha idea do despropósito, en Vigo Industrial manexamos un inventario de preto de douscentos elementos de patrimonio industrial, dos cais, consideramos que máis dun cento teñen entidade suficiente como para ser catalogados, protexidos e conservados. 

ALF-6.jpg

Escaleira no interior da Alfageme de Bouzas. Esta conserveira só ten protexida a fachada exterior segundo o catálogo do PXOM do 2008.  Foto José Chas, ano 2018.

mohasa.jpg

Interior de MOAHSA en Coruxo. Un elemento que non é protexido nen no catálogo do PXOM do 2008, nen no borrador do novo PXOM.

Detalle dunha foto de Zacarias Abad, ano 2015.

 O patrimonio industrial no borrador do novo PXOM de Vigo. 

Dende os anos 2000-2008, en que se elaborou e tramitou o antigo PXOM de Vigo, ata a actualidade, en Vigo (e na súa contorna) teñen acontecido dous procesos paralelos. Por unha banda, teñen desaparecido (ou deteriorado gravemente) un gran número de elementos do noso patrimonio industrial. Por outra, ten aumentado sensiblemente a conciencia e a estima da xente polo noso patrimonio industrial.

A revisión do PXOM de Vigo ben podería ser a ocasión perfecta para mellorar aquela exigua lista de elementos e baixo nivel de protección do patrimonio industrial vigués e, dar resposta a aquelas situacións actuais. Pero non, neste caso parece que o Concello vai seguir aquel plan inicial de reeditar o "99% do PXOM do 2008".

A intención do Concello de Vigo nesta revisión do PXOM é apenas actualizar, se acaso retocar, ou corrixir levemente, o catálogo do antigo PXOM do 2008. 

Así, no borrador do PXOM presentado na Avaliación Ambiental Estratéxica, en ningún momento fálase de facer un novo traballo de catalogación, no que se puidesen incluír novos elementos. Tampouco parece, xa que non se menta en ningún parágrafo esa posibilidade, que vaia haber unha revisión das disposicións das fichas (nivel de protección xeral do inmoble, designación de novos elementos a protexer, obras prohibidas e permitidas) dos bens xa catalogados.

Agora mesmo, o que o Concello de Vigo presenta é son tres listas de bens patrimoniais e unha cartografía para referencialos e delimitar as súas "áreas, contornos e ámbitos" de protección.

A primeira lista é dos Bens de Interese Culturais de Galicia. Lamentablemente en Vigo non se declarou ningún BIC de carácter industrial.

A segunda das listas é unha "Relación de elementos arqueolóxicos" incluídos no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia, "actualizada enviada pola Consellería de Cultura". Esta "relación" significa un incremento de quince elementos respecto catálogo arqueolóxico do PXOM do 2008, e un deles é de patrimonio industrial  segundo a metodoloxía de Vigo Industrial: as Salinas do Lagares. Elemento que se suma aos devanditos tres elementos "arqueolóxicos" de "Tipoloxía: Industrial" das illas Cíes que xa aparecían no catálogo do PXOM do 2008.

A terceira listas é unha "Relación de elementos patrimoniais incluídos no inventario" (nome que parece unha tautoloxía). Esta "relación... inventario" está composta principalmente pola fusión e reorganizan dos catálogos de bens arquitectónicos e etnográficos do PXOM 2008. Amais incorpóranse "as referencias de tres elementos novos identificados polo Plan Básico Autonómico, -Óleo de Castelao, Carpintería de Ribeira en Teis e escudo do antigo Concello de Lavadores". Pero antes advírtese que en realidade esta "relación... inventario"  aínda debe ser purgada mediante a "eliminación de elementos desaparecidos".

Tamén dise que:  

Ordenada toda a relación de inventario e catálogo resulta o seguinte número de elementos catalogados por tipo:

- Arquitectura Civil: 241 elementos (...).

- Cemiterios: 9 elementos.

- Faros: 4 elementos.

- Arquitectura industrial: 16 (unha delas desaparecida tras o desenvolvemento urbanístico dun ámbito).

- Arquitectura militar: 3 elementos.

Pola contra, na "relación... inventario" , na columna "Tipo" aparecen moitas máis categorías máis especificas que aquelas seis, como por exemplo "casa tradicional" ou "carpintería de ribeira".

Os que si son dezaseis son os elementos cun código que comezan cun "I":

- Edificio da rúa República Arxentina nº8.

- Adegas Bandeira.

- Depósito de Auga de EMAVISA.

- Edificio da Conserveira Albo.

- Conserveira Alfageme.

- Edificio Motores (Antiga Barreras).

- Fábrica de Salazón (sic) da rúa Xulián Estévez.

- Fachada do Edificio La Artística 2.

- Edificio A Metalúrxica (sic).

- Fábrica Ribas (sic).

- Taller mecánico.

- Conservas Virci (sic).

- Edificio da Conserveira Cerqueira.

- Xunqueira do Lagares. INMOBLE

- Antiga conserveira: "Conservas Varcárcel". Demolida.

- Camiño Laranxo. CARPINTERÍA RIBEIRA .

Podería parecer que con dezaseis elementos con código "I", o inventario do borrador do novo PXOM estivese a ser ampliado sensiblemente respecto aos doce elementos da "Tipoloxía: Industrial" do catálogo do 2008. Pero non, é un espellismo. A a única incorporación é o estaleiro do Camiño do Laranxo (o de Roberto). As outras tres incorporacións son obra dunha reorganización que certamente asignou a "I" de industrial a elementos que en 2008 foran clasificados como "Etnográfico" (a hipotética casa-alfolín das salinas do Lagares, a desaparecida conserveira Valcarcel) ou "Civil" (como Talleres Alonarti)

Amais na "relación... inventario" do borrador do novo PXOM hai outros tres elementos, que son patrimonio industrial segundo a óptica de Vigo Industrial, pero que aparecen con códigos que comezan por "A"  e que na columna de "tipo" teñen denominacións diversas: 

- Antiga Estación de Ferrocarril. Tipo: Civil.

- Oficinas para armadores. Tipo: Civil.

Museo do Mar. Antiga conserveira. Tipo: Museo.

Así pois, no eido industrial, apenas se incorporan dous elementos (o estaleiro de Roberto e as Salinas do Lagares), e isto faise por obriga, xa que ambos están no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia. Dende o Concello non hai ningunha achega. Isto non é exclusivo do patrimonio industrial, o mesmo ocorre noutros eidos, como no etnográfico e na arquitectura civil, no que hai moitos bens de patrimonio desprotexidos.

O que si podería ser unha sensible melloría na protección do patrimonio cultural de Vigo, respecto á situación establecida en 2008, sería a clara e precisa delimitación das "áreas, contornos e ámbitos" de protección na nova cartografía do novo PXOM. Pero resulta que esta nova cartografía ten tamén sensibles erros e carencias. 

Entre devanditos vintetrés bens do patrimonio industrial recollidos na "relación... inventario"  do borrador do novo PXOM vigués hai cinco casos en que os erros e carencias da documentación cartográfica aportada polo Concello é tal que estes elementos de patrimonio industrial atoparíanse virtualmente desprotexidos:

 - Adegas Bandeira.

- Depósito de Auga de EMAVISA.

- Conserveira Alfageme.

- Fachada do Edificio La Artística 2.

- Oficinas para armadores.

- Así o punto co código I-002, Adegas Bandeira, aparece colocado sobre un anello do asilo de Hermanos misioneros de los enfermos pobres, no Paraixal, Teis, a 2,5 km da súa localización real. No lugar de Adegas Bandeira aparece o código A-018, que na "relación... inventario" correspóndese co Edificio da rúa Cuba nº 25.

- Por outra banda, o Depósito de Auga de EMAVISA (ou sexa, os depósitos do Castro), que na "relación... inventario" aparece co código I-003, na cartografía aparece marcado co código A-020 (cando o código A-020  na "relación... inventario" é o da Antiga Casa do Concello de Lavadores).

- No caso da Conserveira Alfageme non se trata dunha errata catastrófica como as dúas anteriores, senón un problema complexo debido a unha fonda carencia da cartografía aportada polo concello. Se ben nesta cartografía os BIC e os elementos de patrimonio arqueolóxico aparecen delimitados coas súas "áreas, contornos e ámbitos de protección", o resto de elementos catalogados só aparecen marcados con puntos. Un punto na maioría dos casos, pero para complicalo aínda máis, nalgúns casos aparecen dous puntos, unha veces sobre o mesmo inmoble, outras sobre parcelas e inmobles contiguos. Podéndose así entender que a protección afecta ao conxunto dos inmobles da parcela sobre a que cae o/s punto/s...ou non, igual o protexido é só ese inmoble dentro da parcela (depende da interpretación que cada un lle queira dar). 

De resultas, no caso da Conserveira Alfageme, no que o punto I-005 aparece marcado sobre o edificio principal, non queda claro, se no novo PXOM de Vigo, o resto de inmobles da conserveira Alfageme estarán tamén protexidos (pódese pensar que si, ou que non: interpretación a gusto de cada un). 

- Máis gracioso é o caso de Fachada do Edificio La Artística 2, que na "relación... inventario" ten o código I-008. En principio (atendendo ao catálogo do PXOM do 2008) cabería pensar que esa Fachada do Edificio La Artística 2 fose unha de pedra que da á rúa Soler (deseñada por Jacobo Esténs cara 1915). Pero na cartografía o punto I-008 aparece desprazado 50 metros cara o Norte, no centro do edificio de formigón de estilo racionalista construído a comezos da década de 1940 como taller e almacén do inmenso complexo de La Artística. Así pois quizais no novo PXOM o Concello de Vigo estea a pensar a desprotexer a fachada de pedra de Jacobo Esténs a cambio de conservar a fachada de formigón dun edificio igual de valioso histórico culturalmente, pero moito máis grande. O ideal sería protexer e conservar os dous, pero neste caso cada un de nós pode facer a súa escolla.

- Por último, outro caso en que non queda claro se os puntos da cartografía abranguen inmobles, solares ou elementos do patrimonio histórico-cultural, as Oficinas para armadores (ou sexa os dous edificios construídos conxuntamente a comezos da década de 1940 pola J.O.P. ao inicio da Avda. de Beiramar, que efectivamente acolleron oficinas, almacéns e talleres de armadores e outras empresas do mar). Na "relación... inventario"  aparece un só ítem, co código A-026. Mentres que na cartografía do Borrador da revisión do PXOM  aparecen dous puntos, un en cada edificio da J.O.P, o do Sur co código A-025 e a do Norte co A-026. Na "relación... inventario" o código A-025 correspóndelle ao Edificio do Club de Remo da Guía (que na cartografía aparece marcado co código A-024 !!).

taboa elementos.jpg

Os 16 elementos de patrimonio marcados con "I" de Industrial no inventario de patrimonio cultural do borrador do novo PXOM de Vigo.

87_0.jpg

Plano da demolida conserveira de Valcarcel de Roade. Elemento que surrealísticamente aínda aparece no inventario de patrimonio cultural do borrador do novo PXOM de Vigo.

DSC_0007.JPG

A antiquísima fábrica La Cristina, en Lavadores. Outro elemento de patrimonio industrial que non figura no inventario de patrimonio cultural do borrador do novo PXOM de Vigo.

20190504_203447.jpg

Complexo de La Artística. Detalle da fachada de formigón aparentemente protexida no borrador do novo PXOM.

Foto David Amoedo Losada, ano 2019.

IMG_20170723_204612.jpg

Interior do secadoiro de bacallao de Monlagón, na rúa Jacinto Benavente 19. Outro elemento de patrimonio sen protección no novo PXOM.

Foto Uxío Reinoso 2017.

 A "suxestión" de Vigo Industrial para mellorar a protección do patrimonio Industrial no novo PXOM de Vigo.

Como dixemos anteriormente, en xuño de 2020 iniciouse o procedemento de AAE coa exposición pública do Documento Inicial Estratéxico e o Borrador da revisión do PXOM, abríndose entón un prazo para que a sociedade civil presentase "suxestións" (que non alegacións) para mellorar o novo PXOM.

A asociación Vigo Industrial presentou entón a súa "suxestión". Nesta suxestión, basicamente pediamos que "é preciso elabora un novo catálogo de patrimonio histórico e non unha simple “revisión” de “varios erros” do catálogo do PXOM do 2008, tal e como expón o borrador no apartado “3.3. Patrimonio”, e máis concretamente, sinalábamos que no borrador do novo PXOM:

1º) Se sigue a deixar fóra da protección do catálogo importantísimos elementos do noso patrimonio industrial, como son o edificio principal de Santa Clara, a cheminea da fábrica da Coutada Nova, as naves de MOAHSA, a antiguísima fábrica de La Cristina, o edificio da Iberia Gallega en Guixar… e moitos outros. (...)

2º) O modelo das fichas do 2008 é pobre e ineficiente , impedindo que se recolla a complexidade e riqueza de moitos elementos do noso patrimonio, especialmente os de tipo industrial. (...) Escasa información gráfica (...) Pobreza na descrición. (...)

3º) Nos planos do catálogo anexados neste borrador hai un gran número de erros, erratas, duplicidades e incongruencias. (...)

4º) No apartado “3.2.4. Valores paisaxísticos”, faise un valoración errónea ou desprezo do valor das “paisaxes industriais e portuarias” viguesas, posto que se di que estas non teñen “unha gran valoración social dende o punto de vista estético”. (...).

Tamén pedimos que o novo catálogo fágase de xeito participativo, involucrando ás asociacións veciñais e aquelas relacionadas co patrimonio cultural, así como órganos consultivos como as universidades.

Amais, aproveitábamos a ocasión, e nesta suxestión lle recordarmos á Xunta de Galicia unha solicitude presentada por nós á Dirección Xeral de Patrimonio en abril de 2020 (e da cal aínda non recibimos resposta) sobre a conserveira Alfageme e o PXOMNaquela solicitude (presentada por nós simultaneamente á solicitude de AAE do novo PXOM polo Concello de Vigo) xa incidíamos na virtual desprotección da conserveira de Bouzas debido a mala calidade do catálogo do PXOM do 2008, e reclamabamos á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que:

1º) se interese polas determinacións do novo PXOM de Vigo que afecten a Alfageme de Bouzas,

2º) actúe para que os diferentes elementos desta gran factoría sexan correctamente comprendidos no proceso de aprobación do PXOM,

3º) de ser preciso, e de acordo co artigo 26.1 da lei 5/2016, incoe expediente para a inclusión de todos eses elementos (da Alfageme) no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia independentemente do procedemento e avatares do novo PXOM de Vigo.

 O informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural sobre o borrador do novo PXOM

Cumprindo co procedemento, o 22 de setembro de 2020 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda formulou o seu Documento de Alcance para a AAE do novo PXOM de Vigo.

Neste Documento de Alcance se recóllense sinteticamente, ao xeito de resumo, os informes emitidos por diversos órganos competentes así como algunhas suxestións emitidas pola sociedade civil (entre elas a de Vigo Industrial, na páxina 17 ). Entre aqueles órganos está a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, que, entre outras cousas, advirte ao Concello de Vigo: 

 - Os instrumentos de planeamento urbanístico incluirán necesariamente no seu Catálogo todos os bens inmobles do patrimonio cultural situados no ámbito territorial que desenvolvan, no momento da aprobación inicial da figura de planeamento. O contido mínimo do Catálogo ven establecido nos artigos 196 a 198 do RLSG e conterá as medidas necesarias para a protección, conservación, recuperación e aproveitamento social e cultural dos referidos elementos. Tanto os bens catalogados como o seu contorno de protección, deberán representarse correctamente nos planos de ordenación do PXOM.

Isto é, na práctica, advirte que o Concello de Vigo non pode reeditar o catálogo do 2008, e ten que facer un novo catálogo que cumpraa nova normativa (a Lei do Solo de Galicia e o seu subsecuente Regulamento, aprobados ambos no ano 2016), na que se obriga a dar maior detalle nos planos e fichas, delimitando cartograficamente cal é o elemento protexido e cal/es son as parcelas nas que se atopa (artigo 197 do RLSG).

P9100166.JPG

Depósito da conserveira Alfageme, un elemento que a Asociación Vigo Industrial quere que quede protexido no novo PXOM.

Foto Uxío Reinoso, ano 2018.

Anexo: elementos de patrimonio industrial no inventario do borrador do novo PXOM

A_012 min.jpg

Edificio da rúa República Arxentina

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-001

A_012

Industrial

Arquitectura

Ambiental 4

A_030 min.jpg

Adegas Bandeira

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-002

A_030

Industrial

Arquitectura

Ambiental 5

A_033 min.jpg

Depósito de Auga de Emavisa

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-003

A_033

Industrial

Arquitectura

Ambiental 3

A_044 min.jpg

Edificio para a Conserveira Albo

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-004

A_044

Industrial

Arquitectura

Ambiental 5

A_047 min.jpg

Conserveira Alfageme

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-005

A_047

Industrial

Arquitectura

Ambiental 1

A_049 min.jpg

Edificio Motores (Antiga Barreras)

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-006

A_049

Industrial

Arquitectura

Ambiental 5

A_081 min.jpg

Fábrica de Salazón na rúa Xulián Estévez

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-007

A-081

Industrial

Arquitectura

Ambiental 5

A_085 min.jpg

Fachada do Edificio La Artística 2

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-008

A_085

Industrial

Arquitectura

Ambiental 5

A_092 min.jpg

Edificio A Metalúrxica

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-009

A_092

Industrial

Arquitectura

Estructural

A_152 min.jpg

Fábrica Ribas

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-010

A_152

Industrial

Arquitectura

Ambiental 1

A_172 min.jpg

Taller mecánico

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-011

A_152

Civil

Arquitectura

Ambiental 5

A_207 min.jpg

Conservas Virci

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-012

A_207

Industrial

Arquitectura

Estructural

A_017 min.jpg

Edificio de Conservas Cerqueira

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-013

A_017

Industrial

Arquitectura

Ambiental 1

DSC_0009.JPG

Inmoble saiñas, xunqueira do Lagares.

Código 2020

Identific. 2008

Clase

Tipoloxía

Nivel de Protección

I-014

28-0001

Etnográfico

Inmoble saiñas

Ambiental 1

Sen ficha 2008
087_1.jpg

Antiga conserveira, "Conservas Valcárcel"

Código 2020

Identific. 2008

Clase

Tipoloxía

Nivel de Protección

I-015

29-0002

Etnográfico

Conserveira

Estructural

Sen ficha 2008
FB_IMG_1545504150252.jpg

Carpintería ribeira, camiño do Laranxo.

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

I-016

Sen ficha

Sen ficha

Sen ficha

Sen ficha

Sen ficha 2008
A_025 min.jpg

Antiga estación de ferrocarril

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

A-017

A_025

Civil

Arquitectura

Ambiental 5

Sen plano 2020
A_039 min.jpg

Oficinas para armadores

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

A-026

A_039

Civil

Arquitectura

Ambiental 1

A_053 mini.jpg

Museo do Mar. Antiga conserveira.

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

A-037

A_053

Museo

Arquitectura

Ambiental 1

X_076 ,im.jpg

Fábrica de salgadura de Muxieiro

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

GA36057076

X_076

Industrial

Xacemento

Arqueolóxico

X_077 min.jpg

Casa e viveiro de langosta

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

GA36057077

X_077

Industrial

Xacemento

Arqueolóxico

X_081 min.jpg

Fábrica de salgadura de San Martiño

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

GA36057081

X-081

Industrial

Xacemento

Arqueolóxico

DSC_0059.JPG

Salinas do Lagares

Código 2020

Nº ficha 2008

Tipoloxía

Clase

Nivel de Protección

GA36057159

Sen ficha

Sen ficha

Sen ficha

Sen ficha

Sen ficha 2008

Do texto: (CC BY-NC 4.0) Asociación Cultural Vigo Industrial. 

Das fotos do corpo artigo: © dos autores sinalados.

Das fotos do anexo, a maioría son dominio público xa que son das fichas do PXOM de Vigo do ano 2008; a excepción son: "Conservas Valcárcel", do IPAIVC (dominio público); a do "Inmoble Saiñas" e "Salinas do Lagares" © de Uxío Reinoso; e a da "Carpintería ribeira, camiño do Laranxo" © de Rubens Rocha.

Adicado á Asociación Alternativa Veciñal Vigo.

Vigo, 28 de decembro de 2020.

Citas e notas

(1) EDITORIAL. "O Supremo avala a legalidade do PXOM e da súa aprobación denegando todas as alegacións", en www.xornal.vigo.org, 19-III-2015. Consultado o 29-XII-2020. 

(2) EDITORIAL. "O alcalde ve "cohesión" en Vigo tras a anulación do PXOM e anuncia "decisións" para a próxima semana", en www.xornal.vigo.org, 7-XII-2015. Consultado o 29-XII-2020.

(3) EDITORIAL. "O Concello iniciará a tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal a próxima semana", en www.xornal.vigo.org, 10-XII-2015. Consultado o 29-XII-2020.

(4) EDITORIAL. "O alcalde salienta o apoio das entidades sociais, veciñais e deportivas á proposta do Concello de retomar o Plan do ano 2008", en www.xornal.vigo.org, 11-XII-2015. Consultado o 29-XII-2020.

(5) MÉNDEZ, J. "El Gobierno de Vigo llevará a pleno el viernes el inicio de la tramitación del nuevo PXOM", en www.elprogreso.es, 15-XII-2015. Consultado o 29-XII-2020.

(6) EDITORIAL. "O goberno de Vigo inicia este xoves a tramitación dun novo Plan Xeral baseado no de 2008", en www.xornal.vigo.org, 11-XII-2015. Consultado o 29-XII-2020.

(7) EDITORIAL. "O alcalde ve no informe Parejo a vía "axeitada e con seguridade xurídica" de ter o PXOM en vigor", en www.xornal.vigo.org, 1-IX-2016. Consultado o 29-12-2020.

(8) Directiva 2001/42/CE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 27 de junio de 2001, relativa a la evaluación de los efectos de determinados planes y programas en el medio ambiente.

(9) Ley 9/2006, de 28 de abril, sobre evaluación de los efectos de determinados planes y programas en el medio ambiente.​

(10) EDITORIAL. "O Concello adxudica o xoves a redacción do Plan Xeral por 2.057.000 euros", en www.xornal.vigo.org, 9-X-2018. Consultado o 29-XII-2020.