top of page

Vista xeral da Panificadora, circa 1950

09.b.03 si 06152_marcaagua.JPG

Descripción:

Vista do lado sur do complexo da Panificadora, foto tirada dende a costa entre a rúa Cachamuiña (antes de que fora ) e a daquela recén aberta avenida das Camelias.

A parte central da foto está ocupada polo edificio principal da Panificadora. As tres grandes fiestras da planta baixa correspondese ao estremos sur do obrador. Cara o centro desa planta baixa, baixo a cheminea, estaban os fornos alemáns que entraron en 1924. As fiestras da primeira planta correspóndense coas oficinas, despacho do director e sala de xuntas (recén ampliada daquela).

Á dereita, o almacén de fariñas que foi erixido en 1952, na que destaca a cuberta asolagable e a torre de aspersión que permetía termoregular este edificio.

Tras estes dous edificiós, e erixindose con 3 plantas máis está o corpo da sección de moenda, e sobresaíndo por riba do tellado os corpos cilíndicros da sala de distribución e miradoiro dos silos.

Abaixo a esquerda, cara a rúa Falperra, entre as polas dun cedro, aprécianse as naves de cuberta de planchas prefabricadas (uralitas) dunhas pequenas naves que aloxaban pequenos almacéns e talleres auxiliares á Panificadora. Todo este frente á rúa Falperra foi obxeto dunha ampla remodelación a partir de 1959.

Polo tanto esta foto debeu ser realizada entre 1952 e 1959-60. 

Contexto:

A Panificadora de Vigo, fundada en 1924, é un dos máis notables exemplos da segunda etapa da industrialización de Vigo, na que, máis aló do sector marítimo-pesqueiro e a súa vocación exportadora, aparecen un gran número de industrias adicadas á atender a demandas da crecente poboación local.

Na década de 1920 fundarónse varias as industrias que renovaron o sector agroalimentario na área de Vigo, como as grandes fábricas de cervexas da Barxa, ou matadoiro municipal da Punta do Muiño ou tamén medianos talleres como a panaderia como El Aguila (rúa Pino) ou un sinfin de pequenos fabriquines de gaseosa, chocolates, café,...

Datos catálogo do Arquivo Pacheco:

Nº identificación: 06644

Descripción física: Placa, 18 x 13 cm

Puntos de acceso: Industria, Panificadora, Cheminea, Falperra.

Asociación cultural Vigo IndustrialVigo, 31 de outubro de 2020.

bottom of page