Ficha 002
AUCOSA / Auxiliar Consevera S.A.
Tipo
Frigorífica
Sector
Pesca
Uso actual
Baldío
Concello
Vigo
Parroquia
Coia
Lugar
Beiramar
Enderezo
Av. de Beiramar 6
Coord.
N 42º13'31'' O 8º44'28'' GPS: 42.2253, -8.7411
Historia
Fundación
1959
Feche
2012
Fundador
Auxiliar Conserveira S.A.
Reseña
Ainda que a industria frigorífica foi comercialmente viable dende mediados do S. XIX, non sería ata despois da Guerra Civil que se xeneralice en España, tanto para o sector cárnico como o pesqueiro. Entre 1947 e 1951 o Instituto Nacional de la Industria lanza o “Plan de red frigorífica nacional”, para suplir esta carencia da industria agroalimentaria española. Pero xa anteriormente industriais vigueses, tomaran a iniciativa, como por exemplo o caso de MAR SA , fundada en 1939, ou Frigorificos de Vigo, fundada en 1940.
A maioria destas industrias frigoríficas instalaranse no peirao do Berbés e recheo de Beirmar, proxectado en 1924, pero que so se ramatou trala Guerra Civil.
Auxiliar Conservera S.A. nace en 1959, da iniciativa de diversas empresas da industria conserveira galega, entre elas destaca Thenaisie-Provôté. 1
A máis desta gran planta frigorífica en Beiramar, dende a fundación de AUCOSA a empresa integraba tamén unha factoria en Punta Chapelisa para o transformación de subproductos do peixe en fariñas e aceites de peixe.
Procesos e productos
Depósito ultraconxelado de alimentos, nomeadamente pescado xa preparado.
Cabe sinalar como curiosidade que a partir de 1972, tras un acordo a tres bandas coa IBSA e diversas compañias xaponesas comercializadoras de carne de balea, AUCOSA foi onde se conservaba as partidas de carne de cetáceo facturadas dende a Baleeira da Massó en Cangas. 2
Maquinaria conservada
Sen datos
Materalia
Non se coñece
Arquitectura
Superficie parcela
2.400 m2
2400 m2
Descriptiva
O edificio de AUCOSA ocupa na súa totalidade unha parcela con forma de triangulo truncado. No lado leste ten medianera co estaleiro Armón, mentres que no oeste comparte unha canella co estaleiro de Barreras. Ao final desta canella hai un pequeño peirao, que só e empregado por pequenas embarcacións.
O edificio, ten dous volúmenes:
- Volúme o sur, é de 5 plantas, ten 54 m de fondo, 23 m no lado traseiro e 31 m no lado que da a Avenida de Beiramar. A pranta baixa conta cun zócolo de granito acanalado, no que se abren a porta das oficinas e un inmenso portalón que chega ata a primeira planta. No lado do canellón hai outros portalóns, baixo unha marquesina de formigón, hai dous portalóns dunha altura cara o sur e outro de dúas alturas máis cara o norte. A fachada da 1ª e última planta estaba rematada con teselas azul marino nos que se abren 5 fiestras apaisadas de carpintería de aluminio. As plantas 3ª e 4ª, as da cámara frigorifica non presentan apertura algunha, o únicos elementos que, no lado sur, rompían a monotonía deste paredón pintado de verde turquesa eran o letreiro en relieve “AUCOSA, INDUSTRIA FRIGORÍFICA” e unhas chamativos esculturas de peces de cores. A cuberta é de fibrocemento a tres augas. No extremo noroeste, sobresae un pequeno volume da caseta da maquinaria do montacargas.
- O volume norte e de dúas alturas, mide 63m de fondo, 7.5 m no lado traseiro e 31m na medianera co volume sur. No lado do canellón, baixo unha marquesina de formigón, abresen un portalón no lado sur, ademáis hai outros 2 máis pequenos no extremo norte. Ambas plantas contan con estreitas fiestras apaisadas. Cuberta a 2 augas de fibrocemento.
Planos
Estado de
conservación
Estado xeral: moi bo
Estivo en funcionamento ata datas recentes. Exteriormente non se aprecian danos de importancia. Perderonse dalgunhas das teselas azuis e os peixes decorativos na fachada sur, problemente retirados por cuestións de seguridade asi como o tapiado das portas, portalóns e algunhas fiestras.
A cuberta do corpo norte está acumulando vexetación.
(evaluado en verán de 2017)
Sup. ocupación
Cívica
Visitable
Só exteriormente
Uso actual
Baldío
Concesión privada en dominio público.
Autoridade Portuaria de Vigo.
Propiedade
Proteccion histórico-cultural
Ningunha
Afectación
urbanística
- A totalidade da factoría atópase no Dominio Público Maritimo-Terrestre. Ver plano.
- Esta incluida na “Zona de Servicio Terrestre” do Porto de Vigo, e está proposta como “Uso Portuario Complementario”. Ver plano.
Non se coñecen
Proxectos de
reutilización
Coñecer máis
* Factorias AUCOSA:
- en Punta Chapelisa.
* Baleeira da Massó.
* Industrias Frigroríficas:
- Frigorificos do Morrazo.
- Fandicosta.
- Vieirasa.
- Pescanova Chapela.
- Frioya.
- Frigorificos de Vigo.
- Pescanova Beiramar.
- Gabrielito e outros.
- Pereira.
- Pescapuerta 1 e 2.
- Vasco Gallega.
- Frigorificos del Berbés.
- MAR SA (demolida).
Patrimonio
relacionado
Testemuñas
Non se coñecen
Bibliografía
* GIRÁLDEZ RIVERO, JESÚS. "Los Thenaisie. Thenaisie-Provôté: nombre francés para una empresa cien por cien gallega", En Las familias de la conserva. Carmona Badía, Xan (dir. e coord.)" ed. Deputación de Pontevedra e ANFACO-CECOPESCA, 2011. 1
* VALDES HANSEN, FELIPE. Los balleneros en Galicia (Siglos xiii al xx). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2010. 2
* http://www.aucosa.com/ (consultado o 18-XI-2017).
* Ficha 78 do "Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial en Vigo y su comarca" de BEREA, EDUARDO e GARCÍA MOVILLA, C. Ed. MOPU. Ano 1993.
* Ficha 133 do "Proyecto COAG/VIGO: patrimonio arquitectónico moderno y contemporáneo en Galicia ‘Arquitectura industrial en Vigo" de SOBRINO FAGILDE, IRIA e CALVIÑO IGLESIAS, RAI . Vigo: ed. COAG Vigo. Ano 2008.