top of page

Alegacións á revisión do PXOM de Vigo (I): conservas Alfageme de Bouzas.

O 7 de abril de 2020, durante o máis duro da pandemia de COVID-19 e a excepcionalidade do Estado de Alarma, a Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobou a tramitación dunha Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Esta repentina urxencia no pior dos momentos para a acción cívica, tentaba ser un remedo ao desleixe dos cinco anos anteriores, no que dende o Concello non se fixo nada para subsanar a anulación xudicial do PXOM do ano 2008.
Non obstante, o inicio desta Revisión abríu unha interesante xanela para a mellora e ampliación do Catálogo de Patrimonio Cultural do devandito PXOM de Vigo, especialmente importante no caso do patrimonio industrial, tan maltratado no PXOM do ano 2008. 
Así pois, xa no primeiro trámite desta Revisión (a Avaliación Ambiental Estratéxica, en agosto de 2020), a daquela Asociación Cultural Vigo Industrial presentou unha suxestión de mellora do Catálogo do Patrimonio Cultural (ver artigo), na que amais incluímos a solicitude presentada previamente perante o Concello de Vigo e Xunta de Galicia para a "conservación, posta en valor e reutilización da conserveira Alfageme de Bouzas" (ver artigo). 
As nosas suxestión de mellora do PXOM e a solicitude sobre a Alfageme de Bouzas foron recollidas no Documento de Alcance da devandita AAE, pero isto non implicou que as nosas demandas fosen totalmente atendidas posteriormente no Catálogo de Patrimonio Cultural do Documento para Aprobación Inicial, presentado polo Concello de Vigo en xullo de 2021. Así, aínda que nese DAI si se mellorou a forma e información das fichas dos catálogo tal e como demandamos, e tamén se protexeron certos elementos por nós revindicados como "o edificio principal de Santa Clara, a antiquísima fábrica de La Cristina, o edificio da Iberia Gallega en Guixar", non se recolleron outros tantos elementos importantes como a cheminea da fábrica da Coutada Nova ou as naves de MOAHSA. No tocante a Alfageme de Bouzas, aínda que si que houbo nesta proposta de 2021 certas melloras respecto ao dado en 2008, estas déronse nun grado insuficiente e dun xeito enrevesado e incluso pernicioso que non merece o inmeso valor e potencial da Alfageme de Bouzas.
En consecuencia, en xaneiro de 2022 (agora xa diluida a Asociación Vigo Industrial), eu, Uxío Reinoso Maset, en colaboración con outras persoas e entidades (entre as cuais cabe salientar a Asociación Cultural Vila de Bouzas no tocante a Alfageme), decidin presentar seis alegacións á Revisión do PXOM de Vigo para incluir e mellorar a catalogación e protección dun total de oitenta e nove elementos do patrimonio industrial do Concello de Vigo. Estas seis alegacións que serán obxecto de outros tantos artigos nesta web son:
1- Complexo de conservas Alfageme de Bouzas.
2- Azude de fábrica La Cristina de Lavadores.
3- Fábrica de cerámica MOAHSA de Coruxo.
4- Complexo de La Artística de Coia.
5- Corenta e tres elementos de patrimonio industrial de ámbito "terrestre".
6- Corenta e dous elementos de patrimonio industrial de ámbito portuario.

 A quebra de Alfageme e o estatus da factoría de Bouzas no PXOM de 2008.  

Cando en 2005 se inicou a elaboración do PXOM de Vigo, a factoría Alfageme de Bouzas aínda era un activo industrial, pero axiña viuse inmersa nun suposto proceso de reconversión que á postre mostrouse que era puramente especulativo. Recordemos agora brevemente algúns fitos daquel complexo proceso:

En 1995 a empresa Bernardo Alfageme S.L. (nome social que adoptou a cuarta xeración dos Alfageme) atravesaba certas dificultades conxunturais. Comezouse entón un proceso de reinverisón (nese a ano o BBV compra o 40% das accións) e reorganización productiva: primeiro féchouse a factoria de Algeciras, e a comezos de 2006 estudábase o feche da do Grove, trasladando aos seus empregados a Ribadumia e Vigo e, ao mesmo tempo, o traslado da factoría de Bouzas a un novo polígono industrial en Valadares.

Entonces, o inmoble da factoría de Bouzas pasou a formar parte dunha complexa operación urbanística: o Concello recalificaría os 13.000 m2 da parte sur do complexo cunha edificabilidade de 45.000 m2, coa única condición de que, para manter os postos de traballo, os industriais reinvertisen tales beneficios nunha nova factoria na futura "Cidade da Pesca de Valadares" (2).

De súbito, en febreiro do mesmo 2006, e a pesares de que  B.A.S.L. desmentirá recentemente a posibilidade da venda, o grupo de Inversiones Louredo adquire a B.A.S.L. (3).

Inversiones Louredo é unha empresa vinculada en orixe ao mercado inmobiliario, pero que xa era propietaria dunha atuneira no Brasil e recentemente adquirira Conservas Peña e a Thenaise-Provoté, o que lle permite presentarse ante o Consellerio de Economía da Xunta coma a promotora dun "grupo gallego de la conserva" baixo a denominación Bernardo Alfageme S.A. (4).

Mais axiña, en decembro de 2006, é outra inmobiliaria, Prolamar S.L. a que compra tal grupo conserveiro B.A.S.A. (5). Nesta ocasión é o directivo de Prolamar, Juan Lago, o que defende con éxito o proxecto industrial de B.A.S.A. ante a Conselleira de Pesca e os traballadores (6 e 7).

Entretanto, o Concello de Vigo catalogou a fachada coma elemento patrimonial a conservar, e incluso falouse dun "Museo da Conserva" e un xardín (8). E xa no 2008 é a Xunta a que invalida aquela complexa operación urbanística (9).

Entón ao grupo conserveiro galego sáenlle fauces de formigón e demanda ao Concello e a Xunta por fozar no seu "inmoble industrial" (10 e 11), e o Concello resposta coas mesmas: vivenda sí pero protexida (12).

En 2009 a fábrica xa está desafiuzada (13), os traballadores non cobran (14 e 15), ainda que os millóns das subvencións veñen e van (16).
En abril de 2010 a empresa quebra e entra en concurso de acreedores (17): 

Posteriormente, en 2012, un xulgado de Vigo sentenciou a Gustavo Lago (fillo de Juan), como responsable da quebra de B.A.S.A. (18)

Asi pois  neste punto, a reurbanización da fábrica de Bouzas semella inevitable porque, a pesares das axudas que a empresa recibiu do Estado para manter as súas obrigacións sociais, tan só unha operación deste tipo poderá pagar os atrasos que se lle deben aos traballadores e proveedores.

Precisamente, se no anos 2006-07, o Conc

aquallero.jpg

Caricatura de Abel Caballero feito por Avione.

76_9.JPG

Interior do almacén de La Artística, un dos edificios que non está claro se se quere conservar no novo PXOM.

Foto de Uxío Reinoso do ano 2011.

 O longo camiño do novo PXOM de Vigo: o que queda aínda por percorrer. 

Falta agora que o Concello de Vigo elabore aqueles dous documentos e realice el mesmo a Aprobación Inicial da Revisión do PXOM que deberá ser remitida novamente a Consellería de Medio Ambiente para que esta a someta ás diferentes administracións públicas competentes, recave os seus informes, e finalmente, nun prazo máximo de 3 meses, emita (a Consellería) o seu propio informe, dándolle, ou non, o visto bo ao Concello. 

Tamén deberá o Concello de Vigo publicar a Aprobación Inicial do PXOM no DOG. Abríndose entón un novo prazo de dous meses exposición pública do PXOM no que a cidadanía poderá facer as súas alegacións.

Seguidamente (en caso de habelas), as alegacións particulares pertinentes e as indicacións dos informes dos órganos competentes deberán ser integrados nunhas nova Versión Final do PXOM e de Estudo Ambiental Estratéxico. Que será novamente sometido á Consellería de Medio Ambiente, para que, nun prazo máximo de cinco meses, confirme e emita unha Declaración Ambiental Estratéxica. Esta Declaración Ambiental Estratéxica, pode implicar unha nova revisión da Versión Final do PXOM, que entón deberá ser novamente exposto a información pública e ás alegacións particulares.

Só entón, unha vez haxa un Versión Final do PXOM acorde a Declaración Ambiental Estratéxica, poderá o Concello realizar a Aprobación Provisional do novo PXOM de Vigo. Esta Aprobación Provisional do Novo PXOM consolidaríase en Aprobación Definitiva no caso de non haber ningunha petición de emenda por parte da Consellería de Medio Ambiente no prazo dun mes (en caso de haber petición de emenda, a Aprobación Definitiva acadarase cando o Concello emende o requerido).

 O patrimonio industrial no catálogo do antigo PXOM de Vigo. 

Toca agora aclarar que o catálogo de patrimonio cultural do PXOM  do 2008 non foi anulado pola sentenza do TS de novembro de 2015. O catálogo do 2008 seguiu en vigor en todo momento en virtude do artigo 31.4 da Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galicia.

O catálogo do PXOM ano 2008 comprende doce elementos de patrimonio "Clase: Arquitectura" e "Tipoloxía: industrial":

- Edificio da rúa República Arxentina nº8.

- Edificio de conservas Cerqueira.

- Adegas Bandeira.

- Depósito de Auga de EMAVISA.

- Edificio da Conserveira Albo.

- Conserveira Alfageme.

- Edificio Motores (Antiga Barreras).

- Fábrica de salazón (sic) da rúa Xulián Estévez.

- Fachada do Edificio La Artística 2.

- Edificio A Metalúrxica (sic).

- Fábrica Ribas (sic).

- Conservas Virci (sic).

No catálogo do 2008 tamén hai catro elementos de "Clase: Arquitectura" pero clasificados nunha "Tipoloxía" diferente a "Industrial", pero que segundo a metodoloxía de Vigo Industrial, son elementos e patrimonio industrial:

- Antiga estación de ferrocarril (Civil).

- Oficinas para armadores (Civil).

- Taller mecánico (Civil).

- Museo do Mar (Museo)

Hai amais no catálogo do PXOM do 2008,tres elementos certamente clasificados como de "Tipoloxía: Industrial", pero baixo a "Clase: Xacementos arqueolóxicos", os tres nas illas Cíes:

- Fábrica de salgadura (sic) de Muxieiro.

- Casa e viveiro de langosta. (Illa Norte)

- Fábrica de salgadura (sic) de San Martiño / Fábric (sic).

E tamén algúns que aparecen no catálogo da patrimonio etnográfico (que non é un catálogo con ficha, senón un inventario, unha listaxe feita entre 1989 e 1995) como son:

- Conserveira en Avd. da Atlántida (sic). O Museo do Mar, outra vez.

- Conserveira en Avd. da Atlántida nº 54 (Roade). Aínda que xa foi demolida cara o ano 1998.

- Inmoble Xunqueira do Lagares. Casa-alfolín das salinas do Lagares (?).

Por outra banda quedaría o caso da Panificadora (incluído no catálogo do PEPRI, e cuxa ficha está a ser modificada dentro da Modificación Puntual do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Vello de Vigo, Zona Panificadora) e dalgunhas pequenas instalacións industriais de edificios incluídos nos PEPRI do Casco Vello de Vigo, ou o PEPRI de Bouzas.

Caso semellante sería a doutros talleres industriais deste tipo (como a cristalería La Belga, no nº 8 da rúa Velázquez Moreno) cuxo edificio estivese protexido por plans de conservación parciais como son o Catálogo Complementario de Edificios, Conxuntos e Elementos a Conservar ou o Plan Especial de Elementos a Conservar do Catálogo.

Así pois (baixo a óptica de Vigo Industrial), segundo os catálogos do PXOM e os plans especiais de protección , en Vigo. apenas habería pouco máis de dúas ducias de elementos de patrimonio industrial protexidos.

Parécenos poucos. Probablemente a vostede tamén. Para facer unha idea do despropósito, en Vigo Industrial manexamos un inventario de preto de douscentos elementos de patrimonio industrial, dos cais, consideramos que máis dun cento teñen entidade suficiente como para ser catalogados, protexidos e conservados. 

 O patrimonio industrial no borrador do novo PXOM de Vigo. 

Dende os anos 2000-2008, en que se elaborou e tramitou o antigo PXOM de Vigo, ata a actualidade, en Vig

A primeira lista é dos Bens de Interese Culturais de Galicia. Lamentablemente en Vigo non se declarou ningún BIC de carácter industrial.

A segunda das listas é unha "Relación de elementos arqueolóxicos" incluídos no Catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia, "actualizada enviada pola Consellería de Cultura". Esta "relación" significa un incremento de quince elementos respecto catálogo arqueolóxico do PXOM do 2008, e un deles é de patrimonio industrial  segundo a metodoloxía de Vigo Industrial: as Salinas do Lagares. Elemento que se suma aos devanditos tres elementos "arqueolóxicos" de "Tipoloxía: Industrial" das illas Cíes que xa aparecían no catálogo do PXOM do 2008.

A terceira listas é unha "Relación de elementos patrimoniais incluídos no inventario" (nome que parece unha tautoloxía). Estemplo "casa tradicional" ou "carpintería de ribeira".

Os que si son dezaseis son os elementos cun código que comezan cun "I":

- Edificio da rúa República Arxentina nº8.

- Adegas Bandeira.

- Depósito de Auga de EMAVISA.

- Edificio da Conserveira Albo.

- Conserveira Alfageme.

- Edificio Motores (Antiga Barreras).

- Fábrica de Salazón (sic) da rúa Xulián Estévez.

- Fachada do Edificio La Artística 2.

- Edificio A Metalúrxica (sic).

- Fábrica Ribas (sic).

- Taller mecánico.

- Conservas Virci (sic).

- Edificio da Conserveira Cerqueira.

- Xunqueira do Lagares. INMOBLE

- Antiga conserveira: "Conservas Varcárcel". Demolida.

- Camiño Laranxo. CARPINTERÍA RIBEIRA .

Podería parecer que con dezaseis elementos con código "I", o inventario do borrador do novo PXOM estivese a ser ampliado sensiblemente respecto aos doce elementos da "Tipoloxía: Industrial" do catálogo do 2008. Pero non, é un espellismo. A a única incorporación é o estaleiro do Camiño do Laranxo (o de Roberto). As outras tres incorporacións son obra dunha reorganización que certamente asignou a "I" de industrial a elementos que en 2008 foran clasificados como "Etnográfico" (a hipotética casa-alfolín das salinas do Lagares, a desaparecida conserveira Valcarcel) ou "Civil" (como Talleres Alonarti)

Amais na "relación... inventario" do borrador do novo PXOM hai outros tres elementos, que son patrimonio industrial segundo a óptica de Vigo Industrial, pero que aparecen con códigos que comezan por "A"  e que na columna de "tipo" teñen denominacións diversas: 

- Antiga Estación de Ferrocarril. Tipo: Civil.

- Oficinas para armadores. Tipo: Civil.

Museo do Mar. Antiga conserveira. Tipo: Museo.

Así pois, no eido industrial, apenas seA (ou sexa, os depósitos do Castro), que na "relación... inventario" aparece co código I-003, na cartografía aparece marcado co código A-020 (cando o código A-020  na "relación... inventario" é o da Antiga Casa do Concello de Lavadores).

- No caso da Conserveira Alfageme non se trata dunha errata catastrófica como as dúas anteriores, senón un problema complexo debido a unha fonda carencia da cartografía aportada polo concello. Se ben nesta cartografía os BIC e os elementos de patrimonio arqueolóxico aparecen delimitados coas súas "áreas, contornos e ámbitos de protección", o resto de elementos catalogados só aparecen marcados con puntos. Un punto na maioría dos casos, pero para complicalo aínda máis, nalgúns casos aparecen dous puntos, unha veces sobre o mesmo inmoble, outras sobre parcelas e inmobles contiguos. Podéndose así entender que a protección afecta ao conxunto dos inmobles da parcela sobre a que cae o/s punto/s...ou non, igual o protexido é só ese inmoble dentro da parcela (depende da interpretación que cada un lle queira dar). 

De resultas, no caso da Conserveira Alfageme, no que o punto I-005 aparece marcado sobre o edificio principal, non queda claro, se no novo PXOM de Vigo, o resto de inmobles da conserveira Alfageme estarán tamén protexidos (pódese pensar que si, ou que non: interpretación a gusto de cada un). 

- Máis gracioso é o caso de Fachada do Edificio La Artística 2, que na "relación... inventario" ten o código I-008. En principio (atendendo ao catálogo do PXOM do 2008) cabería pensar que esa Fachada do Edificio La Artística 2 fose unha de pedra que da á rúa Soler (deseñada por Jacobo Esténs cara 1915). Pero na cartografía o punto I-008 aparece desprazado 50 metros cara o Norte, no centro do edificio de formigón de estilo racionalista construído a comezos da década de 1940 como taller e almacén do inmenso complexo de La Artística. Así pois quizais no novo PXOM o Concello de Vigo estea a pensar a desprotexer a fachada de pedra de Jacobo Esténs a cambio de conservar a fachada de formigón dun edificio igual de valioso histórico culturalmente, pero moito máis grande. O ideal sería protexer e conservar os dous, pero neste caso cada un de nós pode facer a súa escolla.

- Por último, outro caso en que non queda claro se os puntos da cartografía abranguen inmobles, solares ou elementos do patrimonio histórico-cultural, as Oficinas para armadores (ou sexa os dous edificios construídos conxuntamente a comezos da década de 1940 pola J.O.P. ao inicio da Avda. de Beiramar, que efectivamente acolleron oficinas, almacéns e talleres de armadores e outras empresas do mar). Na "relación... inventario"  aparece un só ítem, co código A-026. Mentres que na cartografía do Borrador da revisión do PXOM  aparecen dous puntos, un en cada edificio da J.O.P, o do Sur co código A-025 e a do Norte co A-026. Na "relación... inventario" o código A-025 correspóndelle ao Edificio do Club de Remo da Guía (que na cartografía aparece marcado co código A-024 !!).

ALF-6.jpg

Escaleira no interior da Alfageme de Bouzas. Esta conserveira só ten protexida a fachada exterior segundo o catálogo do PXOM do 2008.  Foto José Chas, ano 2018.

taboa elementos.jpg

Os 16 elementos de patrimonio marcados con "I" de Industrial no inventario de patrimonio cultural do borrador do novo PXOM de Vigo.

87_0.jpg

Plano da demolida conserveira de Valcarcel de Roade. Elemento que surrealísticamente aínda aparece no inventario de patrimonio cultural do borrador do novo PXOM de Vigo.

Do texto: (CC BY-NC 4.0) Asociación Cultural Vigo Industrial. 

Das fotos do corpo artigo: © dos autores sinalados.

Das fotos do anexo, a maioría son dominio público xa que son das fichas do PXOM de Vigo do ano 2008; a excepción son: "Conservas Valcárcel", do IPAIVC (dominio público); a do "Inmoble Saiñas" e "Salinas do Lagares" © de Uxío Reinoso; e a da "Carpintería ribeira, camiño do Laranxo" © de Rubens Rocha.

Adicado á Asociación Alternativa Veciñal Vigo.

Vigo, 28 de decembro de 2020.

Citas e notas

(1) EDITORIAL. "O Supremo avala a legalidade do PXOM e da súa aprobación denegando todas as alegacións", en www.xornal.vigo.org, 19-III-2015. Consultado o 29-XII-2020. 

(2) P. L. "Urbanismo investiga la compra de Alfageme para evitar `especulación´", en www.farodevigo.es, 8-II-2006. Consultado o 29-V-2024.

(3) REDACCIÓN. "Alfageme, el fin de una dinastía", en www.farodevigo.es, 5-II-2006. Consultado o 29-V-2024.

(4) MÉNDEZ, MANUEL. "La firma Bernardo Alfageme entra en la puja para adquirir Conservas Calvo", en www.farodevigo.es, 7-X-2006. Consultado o 29-V-2024.

(5) J. C. "Una inmobiliaria viguesa compra las conserveras Alfageme, Peña y Marsac", en www.farodevigo.es, 21-XII-2006. Consultado o 29-V-2024.

(6) REDACCIÓN. "Alfageme presenta a la Xunta su proyecto de fusión empresarial", en www.farodevigo.es, 15-VI-2007. Consultado o 30-V-2024.

(7) PIÑEIRO, L. "Los sindicatos dan luz verde a Alfageme para trasladar la planta central de Vigo", en www.farodevigo.es, 10-I-2008. Consultado o 30-V-2024.

(8) REDACCIÓN. "El edificio y los jardines de Alfageme fueron catalogados", en www.farodevigo.es, 31-VI-2006. Consultado o 30-V-2024.

(9) PÉREZ, J. e PASTORIZA, J. "Alfageme lleva el PXOM a los tribunales por las restricciones para reurbanizar su solar", en www.farodevigo.es, 17-X-2008. Consultado o 30-V-2024.

(10)  BLANCO, ALBERTO. "Caballero acusa a Alfageme de actuar con "mala fe" por llevar el PXOM a los tribunales", en www.farodevigo.es, 18-X-2008. Consultado o 4-VI-2024.

(11) J. P. "Alfageme avisa de que su futuro depende de la operación urbanística de Vigo", en www.farodevigo.es, 18-III-2009. Consultado o 4-VI-2024.

(12) PASTORIZA, J. "El PXOM incorpora la vivienda protegida en Alfageme", en www.farodevigo.es, 31-III-2009. Consultado o 4-VI-2024.

(13) CARNEIRO, J. "La plantilla de Alfageme en Vigo rechaza el plan de viabilidad de la conservera", en www.farodevigo.es, 29-IX-2009. Consultado o 4-VI-2024.

(14) REDACCIÓN. "O impago dos salarios volve sacar á rúa ás traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme en Vigo", en www.cig.gal, 15-XII-2009. Consultado o 4-VI-2024.

(15) ALBADALEJO, ANTONIO. "La plantilla de Alfageme se manifiesta bajo la lluvia exigiendo que se aclare su futuro", en www.vigoalminuto.com, 4-II-2010. Consultado o 4-VI-2024.

(16EDITORIAL. "Alfageme como paradigma de las ayudas públicas", en www.farodevigo.es, 24-I-2010. Consultado o 4-VI-2024.

(17EUROPA PRESS. "El juez declara a Alfageme en concurso de acreedores", en www.farodevigo.es, 19-IV-2010. Consultado o 4-VI-2024.

(18GRAÑA, LARA. "Gustavo Lago ocultó casi 7 millones en pérdidas de Alfageme tras hacerse con la empresa", en www.farodevigo.es, 27-V-2012. Consultado o 4-VI-2024.

bottom of page