Ficha 004
DE LEMOS / de Vicente
Tipo
Estaleiro tradicional
Sector
Naval
Uso actual
Estaleiro
Concello
Moaña
Parroquia
Domaio
Lugar
Punta Fondón
Enderezo
Non procede
Coord.
N 42º16'59'' O 8º41'05'' GPS: 42.2830, -8.6847
Historia
Fundación
1920
Feche
Activo
Fundador
Manuel Rodríguez Lemos
Reseña
En 1920 Manuel Rodríguez Lemos funda este estaleiro nun promotorio da praia de Domaio. No ano 1975 Manuel xubílase e traspasa o estaleiro as mans de Vicente Ferradás Moreira, que comezara de aprendiz 10 anos antes. Vicente, que a máis de carpinteiro é musico, mantén o estaleiro en estado funcional e ainda atende os cada vez mais esporádicos encargos que recibe.
A carpintería de ribeira de Lemos e Vicente, a pesar da limitación do espazo que ocupa (reducido e en pendente), demostrouse como a mais lonxeva do núcleo de Domaio, onde nos anos centrais do século XX chegaron a funcionar 6 estaleiros máis: o de Santiago Montenegro, o de Enrique Ferradás, o de José Ríos, o de Francisco Verdeal, o de Francisco Pastoriza, alias Canal, e o de José González Moreira, alias Laxes. 1
O estaleiro nos anos 40
Dique do porto de Domaio e estaleiro de Lemos. Foto E. Valín, arq. APV. Anos 40.Procesos
e
productos
Entre 1975 e 2001 Vicente Ferradás Moreir construi unhas 70 embarcacións:
"Uns 30 galeóns de da area e auxiliares de batea, estes últimos duns 15 metros de eslora, e outros 30 barcos de pesca de esloras comprendidas entre o 8 e os 15 metros.
O maior foi o "Areallo 2", draga de area de 17,50 metros de eslora para un armador de Ponteceso.
No ano 1997 construiu dous pesqueiros, o "Nuevo Avizor" de 11,50 metros de eslora total para un armador de Vigo, e o "Taberneiro" de 11 metros para un armador de Cangas".1
En tempos de Manuel Rodríguez Lemos construironse embarcións de todo tipo, entre elas varias de pasaxe, como as que levaron por nome, "Marisa", "Lisa", "Las Palmas" e "Berta".
Materalia
Non se coñecen
Arquitectura
Superficie parcela
345 m2 aprox. *
205 m2
Sup. ocupación
Descriptiva
Os estaleiro esta encaixado entre a estrada PO-551) e a costa. (*) Ocupa dúas parcelas en considerable pendente dunha extensión aproximada de 345 m2, amais serialle propio considerar como superficie ocupada o frente rochoso do Dominio Público Marítimo Terrestre.
Na parcela superior atópase o "almacén" e hai espazo para colocar bancos de traballo, na inferior practicouse un pequeno desmonte para explanalo promotorio e acollelo tinglado. A "plataforma de botadura" asentase sobre as rochas domar, no Dominio Público Marítimo. As construccións atópanse envoltas pola vexetación, co cal o estaleiro resultan pouco visible excepto na parte que se abre ao mar.
- Tinglado: Estrutura sen paramentos, duns 18 x 10m, consistente nun pórtico de 8 armazóns equidistantes aproximadamente 2,5 metros entre si. A tallada do desmonte fecha casi por completo o extremo oeste e abriga parcialmente os lados laterais, mentres que o extremo leste ábrese totalmente ao mar. Sobre unhas pequenas basas de pedra érguense 8 pares de piares redondos unidos por entramados laterais. As cerchas do pórtico son de dúas ordes distintas: a do extremo norte é de "par, tirante, nudillo y pendolón"; as restantes de "par, pendolón, nudillo y tornapuntas" 2. Unhas zapatas consolidan o asento das cerchas sobre os piares, mentres unha carreira de varios listóns unidos reforza a estructura en sentido lonxitudinal. A cuberta é a dous augas, a tella plana reposa sobre finas correas de madeira colocadas ao longo das abas. O piso é de terra pisada, ten un pequena pendente cara o mar, de xeito que altura do pórtico é algo menor no extremo norte,7,8 m aproximadamente, que no lado do mar, onde rolda os 8,6 m.
- Plataforma de botadura: En tempos, as anguías (largueiros de madeira) e o carril cos que se deslizaba a embarcación ata o mar, estaba sustentado nunha plataforma de madeira cuns pivotes que se afundian no mar. Hoxe en día esta estructura atópase desmoronada, de tal xeito que a estensión das anguías e o carril faríase en precario.
- Almacén-obradoiro : Pequena construccion de madeira, duns 25 m2. Consistente nunha caseta fechada e dous porches, un cara o leste e outro cara o sur, onde se atopan unha serra de cinta e unha cepilladora. A caseta a máis de almacén tamén serve de oficina e taller de traballos pequenos.
- Dique: Na beira do mar, en sentido transversal, encostado ao norte, ainda se preserva (un tanto esborallado) un antigo peirao de rampla, feito de perpiaños pequenos. Por diante deste antigo peirao hai amoreados varios perpiaños sen moito asento, tendo quizais a función de dique de contención do mar.
Estado de
conservación
Estado xeral: regular.
O tinglado sufriu varias alteracións e deterioros. Nomeadamente a sustitución do material de dous piares de madeira, un por formigón e outro por metal. Óscar Fuertes Dopico sinala un defecto estructural: os tirantes das cerchas non están correctamente ensamblados á carreira, co que se producen certas tensións e leves desprazamentos horizontais das armazóns. 2
Nalgúns sectores da cuberta substiruironse tellas por planchas onduladas. Para melloralo feche penduráronse varias planchas de diferentes materiais. Ademáis hai un afudimento notable no centro da aba norte. Tamén estase a acumular verdello en amplos sectores.
O elemento máis deteriorado é a plataforma de botadura, da que se perderon os pivotes, co cal a anguía está totalmente en falso.
Quizais o maior risco para conservación inmediata sexan os eucaliptos de gran tamaño que rodean o estaleiro, que poden caer ou incendiarse.
(evaluado en outono de 2017)
Tinglado e embarcación
Vista dende o surleste, embarcación varada. Foto Uxío Reinoso. Data: decembro 2017.Armazons e cuberta.
Apreciase a diferencia entre as armazóns de puntal e a última de tirante. Foto Óscar Fuertes Dopico (op. cit. 2015)Detalle do tellado
Aprecianse as 32 correas de listons que sustentan sendas filadas de tella. Foto Óscar Fuertes Dopico (op. cit. 2015)Cívica
Visitable
Accesible
Uso actual
Capintería de ribeira, esporádicamente.
A parte costeira é concesión en Dominio Público Marítimo-Terrestre.
A parte interior son dúas parcelas privadas.
Propiedade
Proteccion histórico-cultural
Ningunha
Afectación
urbanística
Non se coñecen
Proxectos de
reutilización
Coñecer máis
* Estaleiros tradicionais:
- De Riobó Casqueiro (Moaña).
- De Calragho (Moaña).
- De Rúa (Meira).
- De Meira.
- De Laxes (Domaio).
- De Punta Mouro (Domaio).
- Do "Anano" (S. Adrián de Cobres).
- De Acuña (S. Adrián de Cobres).
- De Vichoa / de Otero Vázquez (Sta. Cristina de Cobres).
- De Loureiro (Cesantes).
- De Roberto (Teis).
* Embarcacións:
Patrimonio
relacionado
Non se coñecen
Testemuñas
Bibliografía
* DE JUAN-GARCÍA AGUADO, JOSÉ MARÍA. A carpintería de ribeira en Galicia (1940-2000). Cangas do Morrazo: CIEF. Morgante. 2011. 1
* FUERTES DOPICO, ÓSCAR; Las Carpinterías de ribera en Galicia: La recuperación de sus arquitecturas. A Coruña: Universidade da Coruña. 2015. 2
* BEREA, EDUARDO e GARCÍA MOVILLA, CARLOS, Ficha 22 do Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial de Vigo y Comarca. Madrid: Ministerio de Obras Públicas. 1993.
A Óscar Fuertes Dopico, por cedelas fotografías e imaxes da súa tese doutoral.
Agradecementos