Ficha 003
BALEEIRA DA MASSÓ
Historia
Fundación
1955
Feche
1983
Fundador
Massó Hermanos S.A.
Reseña
A caza de cetáceos en Galicia foi introducida por mariñeiros vascos no S XIII e seguidamente adoptada por galegos ata o esquilme dos caladoiros no tránsito dos s XVII ao XVIII. Esta actividade rexurdiu no xeito industrial no s XX coa asociación de empresarios noruegueses e españois. Entre 1924 e 1927, un buque factoria (o “Alfonso XIII”) fondeou na temporada de caza na ensenada de Barra, onde era suministrada por varios arponeiros que cazaban rorcuais e cachalotes que pasaban nas súas migracións anuais por enfronte das costas galegas. 1
A baleeira de Punta Balea foi a última peza do complexo industrial dos Massó en Cangas. Inaugurada en setembro de 1955, a instalación desta baleeira fixose aproveitando a oportunidade do desmantelamento da de Benzú (Ceuta) tralo agotamento do seu caladoiro no ano 1954. De Marrocos viñeron a maquinaria (5 autoclaves, 1 fundidores de graxa Hartmann e 5 depósitos) asi como man de obra cualificada.
Inicialmente Masso non contaba con buque baleeiro propio, e a provisión de cetaceos dependeu do “Lobeiro” e outros arponeiros da empresa que tiña os dereitos de caza entre o Miño e Estaca de Bares: Industria Ballenera SA. A cooperación entre Masso e IBSA (que posuia a factoria de Caneliñas) foi tal que no ano 1971 a baleeira de Masso, integrase en IBSA.
A caza de cetaceos mostrouse como unha moi lucrativa actividade , de tal xeito que Massó fundou en 1965 outra baleeira en Morás (Xove) que funcionou ata 1976.
O fin da baleeira de Cangas en 1983 (así como a de Cee, en 1985), viu dada pola toma de conciencia no esquilme dos cetáceos (en 1980 un atentado ecoloxísta afundiu os arponeiros IBSA I e II no porto de Marín) que tivo o seu colofón na sinatura no ano 1982 coa “moratoria internacional da caza da balea” que entraría en vigor no inicio de 1986.
Calcúlase que nos intervalo de 60 anos e 37 temporadas que durou de caza industrial da balea, en Galicia capturáronse e tratáronse 13.000 cetáceos (algúns deles alevíns).
Procesos
e
produtos
A temporada de caza comezaba en abril e remataba en novembro. O centro do caladoiro atopábase a 40 ou 50 millas ao noroeste de Fisterra. Os arponeiros mataban un ou varios animais que amarraban ao seu costado, ainda que pasadas as 14-15 horas o animal comezaba a descompoñerse. Unha vez en porto o arponeiro deixaba os animais (no caso dos rorcuais de ata 27 m e 120 t) amarrados nuns flotadores enfronte a factoría ata que, chegado o turno de despece, uns botes achegaban a rampla para ser izados por un chigre.
Unha vez na plataforma, un equipo de 25 homes e mulleres procesaban o animal nunhas poucas horas. Os homes, coa axuda de grandes coitelos, ganchos e o mesmo chigre, separaban grandes pezas de graxa e músculo. A graxa era seccionada na mesma plataforma e enviada a fundir nos autoclaves, decantada e depositada (nun depósito xeral ou en barris). Mentres que a carne eran levados a unha plataforma alta, onde as mulleres separaban e despelaban e conxelaban as pezas de carne proveitosa.
O producto estrela era a graxa dos cetáceos, a cal fundíase en grandes autoclaves e almacenabase nun gran depósito e barris na mesma mesma factoria, e noutros casos era levado a outras industrias (como AFAMSA ou AUCOSA). Dos cetáceos obtiñanse aceites de diversa calidade, unhas para o consumo humano como parte de margarinas e outras calidades para usos industriais varios (xabons, lubricantes,...).
A carne de balea inicialmente era un subproducto pouco valorado (tentouse introducir con pouco éxito no mercado español), e incluso a de cachalote empregabase xuntamente coas visceras e peles e osos (que eran calcinados) para fecer fariñas de pescado, piensos animais e fertilizantes. Isto mudou a comezos dos anos 70, cando foi posible a súa exportación a Xapón (de Xapón a Cangas viñeron carniceiros especializados) e as carnes máis valiosas eran seleccionadas e conxeladas na mesma Masso de Cangas ou na AUCOSA de Vigo.
Outro producto moi valioso, ainda que escaso, era o “ambar gris”, extraido do intestinos dos cachalotes e empregado en perfumería.
Maquinaria
conservada
Materalia
Non se coñece
Arquitectura
Superficie parcela
60.000 m2 (complexo)
2440 m2 (só baleeira)
Descriptiva
- Nave de tallado: en orixe unha simple plataforma feita de pedra, duns 70x20 metros, cuberta de madeira para facilitar o arrastre das talladas. A finais dos anos 70, a plataforma foi cuberta con armaduras de cemento pretensado e pranchas de fibrocemento e tapiada , ata media altura con bloques de cemento e despois con pranchas de fibrocemento; a altura desta nave de arredor dos 10-12m. Esta mesma reforma incluiu, no fondo do espazo, a separación dun cuarto, elevado uns 70 cm, cunha mesa-plataforma, duns 3x10 m e 60cm de alto, para o esnaquizamento das graxas e restos de 2ª calidade; este cuarto e a mesa-plataforma están conectados co espazo principal por ramplas. A nave de tallado prolóngas ate o mar cunha rampla (en orixe tamén de madeira, despois cuberta de cemento) duns 15 x 40 m.
- Conxunto de 3 naves, no extremo leste, duns 7x21 cada unha, e unha altura duns 10 metros. As 3 naves están feita con estrutura de formigón armado de 30cm de grosor, o teito esta feito con armaduras de madeira ao xeito tradicional e cuberto con fibrocemento; as paredes exteriores son de blocos de formigón. Nestas naves era onde se traballaba a carne e graxa de 1ª calidade, aquí estaban as mesas onde traballaban as mulleres, un cuarto onde se conservaba a carne en xeo, ademais de outras dependencias como os aseos e a forxa. Neste conxunto, na nave inmediata a plataforma de tallado, había un corpo de dúas alturas, que albergaba a maquinaria para fundir a graxa.
- Conxunto de 2 naves, no extremo oeste, duns 35x5.5 m. e semellantes técnicas constructivas ao anterior. Na nave pegada a nave de tallado sobresae un corpo de dúas alturas no que obtiñan as graxas de 2º e calcinaban os restos. Nesta nave, na parte dunha altura, atopase a balsa (duns 240 m2 e cando menos 3-4 m de profundidade) de decantado da graxa.
- Ghalpón. No recuncho noroeste (onde anteriromente estaba a caseta da maquina de vapor) atopase unha pequena nave de 65 m2 que ten anexa a chimenea de tioxolo.
- Explanada norte, por onde se accedia as diversas partes e se alamacenaban os barris de aceite.
Planos
Estado de
conservación
Estado xeral: regular.
As reformas do ano 78 desvirtuaron o conxunto inicial.
Desparicion da maquinaria e outros elementos metálicos.
Conservanse algúns elementos de madeira como as armazóns do teito, mesas de traballo e plataformas.
As estructuras de formigón armado e parametos de formigón en bo estado.
Derrubes locais das cubertas na nave de tallado.
Derrubes amplos nas cubertas das naves leste e o oeste.
O entaboado atopáse levantado en boa parte plataforma, mentres que na rampla de izado está baixo un pavimento de formigón.
Os elementos petreos: fundamento da plataforma, recheo e muros do dique exterior, en bo estado, excepto a parte baixa da rampla.
Cheminea de tixolo enteira, pero presenta unha fenda na cara norte.
(evaluado en verán de 2017)
Sup. ocupación
Cívica
Visitable
Só exteriormente
Uso actual
Baldío
A parte costeira é concesión privada en dominio público.
A parte interior é propiedade privada.
Propiedade
Proteccion histórico-cultural
Ningunha
Afectación
urbanística
- Parte do complexo Masso atópase no Dominio Público Maritimo-Terrestre. Ver plano
- O Planeamento Urbanístico que afectaba ao complexo Masso caiu coa ilegalización do PXOU en 2005. Dende entón non se desenvolveu ningún novo planeamento que afecte a UA 27 na que está inclusa a baleeira. Ver Plano.
JULIAN ADAN, EVA(coord.) "Estudo de usos públicos e sociais para a recuperación natural e patrimonial do ámbito do Salgueirón". A Oitava Illa. 2007
Proxectos de
reutilización
Coñecer máis
* Complexo Massó Cangas:
- Salazón da Congorza.
- Poboado de traballadores.
- Hotel.
- Almacén.
- Conserveira.
- Salazón de Paganini.
- salvavidas do arponeiro “Lobeiro” .
- canón arponeiro.
- salvavidas do arponeiro “Caneliñas”.
- fotografía arponeiro en acción .
- fotografía do arponeiro “Lobeiro”.
* Buque baleeiro:
- "Southern Actor" (anteriormente "IBSA uno") en Sandfjord (Noruega).
* Factorias AUCOSA:
- en Punta Chapelisa.
- en Beiramar.
* Factorias AFAMSA:
- no recheo de Guixar.
- en Lavadores.
* Baleeiras no estado español:
- Morás (Xove).
- Caneliñas (Cee).
- Benzú / Belyounech (Ceuta / Marrocos)
Patrimonio
relacionado
* Reportaxe xornalístico aos arponeiros Plácido Montenegro e Francisco Alfaya. Ano 2010.
* Testemuña de Carmen Fernández Mariño, Pilar Ferrari Parcero, María Villar Lima e María Xesús en: Millán en Cuñarro Pintos, F. (dir.), As mulleres da conserva. Cangas: Asociación Cultural A Cepa. 2009.
* Reportaxe xornalístico, con entrevistas a tres traballadores da baleeira no programa "Pescadores a vista", da TVG. Ano 2018.
* Testemuña de José Lamas Pazó, ex-traballador da baleeira no documental "Massó no recordo", realizado polo 6º de primaira do curso 2013-14 do CEIP A Rúa.
Testemuñas
Bibliografía
* VALDES HANSEN, FELIPE; Los balleneros en Galicia (Siglos xiii al xx). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2010. 1
*MUÑOZ ABELEDO, LUISA. "Gaspar Massó Gracía", en Empresarios de Galicia (Carmona Badía, Xan; Coord.). A Coruña: CIEF. 2006.
* AGUILAR VILA, ÀLEX. Chimán : la pesca ballenera moderna en la Península Ibérica. Barcelona: Universitat de Barcelona. 2013.
* CUADRADO GAGO, J. PEDRO. “Baleeira – Cangas”. Madrid: Inédito, Seminario de Fuentes Orales, Universidade Complutense. 2009.
* JULIAN ADAN, EVA(coord.) "Estudo de usos públicos e sociais para a recuperación natural e patrimonial do ámbito do Salgueirón". A Oitava Illa. 2007
* VIÑERS SALINAS, MARIA. Arquitectura y dibujo: la fábrica Massó de Cangas de Morrazo. Traballo final de Grado, ETS Arquitectura Universidad Complutense de Madrid. 2017.
* VV.AA., “A factoría baleeira de Massó”, Xunta de Galicia, 2006.
* AGUILAR VILA, ÁLEX e LÓPEZ DE PRADO NISTAL, COVADONGA. De Punta Balea a Cabo Morás: A caza moderna da balea en Galicia. A Coruña: ed. Museo Massó. 2015.
* Ficha 152 do Inventario da "Asociación Galega do Patrimonio Industrial Buxa". . Consultado o 15-XI-2017.
* Ficha 2 do "Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial en Vigo y su comarca" de BEREA, EDUARDO e GARCÍA MOVILLA, C. Madrid: MOPU. 1993.
* Ficha 033 do "Proyecto COAG/VIGO: patrimonio arquitectónico moderno y contemporáneo en Galicia ‘Arquitectura industrial en Vigo" de SOBRINO FAGILDE, IRIA e CALVIÑO IGLESIAS, RAI . Vigo: ed. COAG Vigo. 2008.
A Pedro Cuadrado Gago, por aportar informacións e documentos para realizar esta ficha
Agradecementos