Ficha 002

AUCOSA / Auxiliar Conservera S.A.

Tipo

Frigorífica

Sector

Pesca

Uso actual

Baldío

Concello

Vigo

Parroquia

Coia

Lugar

Beiramar

Enderezo

Av. de Beiramar 6

Coord.

N 42º13'31'' O 8º44'28'' GPS: 42.2253, -8.7411

Ángulo sueste.
Ángulo sueste. Fotografía Iria Sobrino. Ano 2008.
Vista aérea.
Vista aérea da nave de AUCOSA. Autor descoñecido, Ano 2008 aproximadamente.
Cara noroeste.
Vista aérea dende o noroeste. Fotografía Astillero Hijos de J. Barreras. Ano 2009.

Historia

Fundación

1959

Feche

2012

Fundador

Auxiliar Conserveira S.A.

Reseña

Aínda que a industria frigorífica foi comercialmente viable dende mediados do S. XIX, non sería ata despois da Guerra Civil que se xeneralice en España, tanto para o sector cárnico como o pesqueiro. Entre 1947 e 1951 o Instituto Nacional de la Industria lanza o “Plan de red frigorífica nacional”, para suplir esta carencia da industria agroalimentaria española. Pero xa anteriormente industriais vigueses, tomaran a iniciativa, como por exemplo o caso de M.A.R. S.A , fundada en 1939, ou Frigoríficos de Vigo, fundada en 1940.

No caso da ría de Vigo, a maioría e máis importantes destas industrias frigoríficas instalaranse no peirao do Berbés e ao longo do recheo de Beiramar, proxectados ambos en 1924 e rematados en diferente fases entre 1939 e 1947 *1.

"Auxiliar Conservera S.A." (AUCOSA) nace en 1959, da iniciativa de diversas empresas da industria conserveira galega, entre elas destaca a Thenaisie-Provôté *2. Anos despois, sumaríase ao accionariado da AUCOSA a Bernardo Alfageme S.A *3.

Amais desta gran planta frigorífica en Beiramar, dende a fundación de AUCOSA a empresa integraba tamén unha factoría en Punta Chapelisa (Trasmañó, Redondela) para a transformación de subprodutos do peixe en fariñas e aceites.

Fachada, 1993.
Vista do ángulo suroeste. Fotografía Eduardo Berea. Ano 1993.
mostrar máis

Procesos 

produtos

Depósito ultraconxelado de alimentos, nomeadamente pescado xa preparado.

Cabe sinalar como curiosidade que a partir de 1972, tras un acordo a tres bandas coa IBSA e diversas compañías xaponesas comercializadoras de carne de balea, AUCOSA foi onde se conservaba as partidas de carne de cetáceo facturadas dende a Baleeira da Massó en Cangas *4.

Maquinaria conservada

Sen datos

Materalia

Non se coñece

Arquitectura

Superficie parcela

2.400 m2

2400 m2

Descritiva

O edificio de AUCOSA ocupa na súa totalidade unha parcela con forma de triangulo truncado. No lado oeste ten medianeira co estaleiro Armón, mentres que no leste comparte unha canella co estaleiro de Barreras. Ao final desta canella hai un pequeno peirao, que só e empregado por pequenas embarcacións.

O edificio, ten dous volumes:

O edificio sur.  É un gran volume de cinco plantas, que mide 54 m de fondo, 23 m de ancho no lado traseiro e 31 m no fronte que da á Avenida de Beiramar. A planta baixa conta cun zócolo de granito acanalado, no que se abren a porta das oficinas e un inmenso portalón que chega ata a primeira planta. No lado leste, no canellón, hai outros portalóns baixo unha marquesiña de formigón. Neste lado leste, a fachada da primeira e quinta planta aínda están revestidas con teselas azul mariño, material que orixinalmente tamén revestía estas faixas na fachada principal, a sur. É tamén nestas faixas, correspondentes á primeira e quinta planta, onde ábrense varias fiestras apaisadas de carpintería de aluminio. Pola contra, as plantas intermedias, que son as que ocupan as cámaras frigoríficas, non presentan apenas apertura algunha, excepto algunhas xanelas no extremo norte da fachada sur. 

Na fachada sur, os únicos elementos que rompían a monotonía deste paredón pintado de verde turquesa eran o letreiro en relevo “AUCOSA, INDUSTRIA FRIGORÍFICA” e uns rechamantes paneis de mosaico representando diversos peixes de cores.

A cuberta deste volume é de fibrocemento a tres augas. No extremo noroeste, sobresae un pequeno volume da caseta da maquinaria do montacargas.

- O edificio norte. É de dúas alturas, mide 63 m de fondo, e ten 7,5 m de anchura no lado traseiro e 31 m na medianeira co volume sur. No lado do canellón, baixo unha marquesiña de formigón, ábrese un portalón no extremo sur; amais, hai outros dous portalóns máis pequenos no extremo norte. Ambas plantas contan con estreitas fiestras apaisadas.

A cuberta deste edifico norte é a dous augas, e feito de fibrocemento.

Ángulo sueste.
Ángulo sueste. Extraído de SOBRINO FAGILDE, IRIA e CALVIÑO IGLESIAS, RAI, ano 2008.
Vista aérea.
Vista aérea. Extraído de SOBRINO FAGILDE, IRIA e CALVIÑO IGLESIAS, RAI, ano 2008.
Canellón.
Vista do canellón lateral. Extraído de SOBRINO FAGILDE, IRIA e CALVIÑO IGLESIAS, RAI, ano 2008.
Esquina sueste.
Detalle da esquina sueste. Extraído de SOBRINO FAGILDE, IRIA e CALVIÑO IGLESIAS, RAI, ano 2008.
Cara noroeste.
Vista aérea dende o noroeste. Fotografía. Astillero Hijos de J. Barreras, 2009.
mostrar máis

Planos

Estado de

conservación

Estado xeral: moi bo

Estivo en funcionamento ata datas recentes. Exteriormente non se aprecian danos de importancia. Perdéronse. iso si, algúns dos sectores revestidos con teselas azuis e os paneis dos peixes decorativos na fachada sur, probablmente retirados por cuestións de seguridade. Así mesmo foron tapiadas as portas, portalóns e algunhas fiestras.

A cuberta do corpo norte está acumulando vexetación.

(avaliado en verán de 2017)

Planta e volumes.
Plano extraído do “Inventario do Patrimonio Industrial Arquitectónico de Vigo y Comarca”. Ano 1993.

Sup. ocupación

Cívica

Visitable

Só exteriormente

Uso actual

Baldío

Concesión privada en dominio público.

Autoridade Portuaria de Vigo.

Propiedade

Proteccion histórico-cultural

Ningunha

Afectación 

urbanística

- A totalidade da factoría atópase no Dominio Público Maritimo-Terrestre.  Ver plano.

- Esta incluida na “Zona de Servicio Terrestre” do Porto de Vigo, e está proposta como “Uso Portuario Complementario”.  Ver plano.

Non se coñecen

Proxectos de

reutilización

Coñecer máis 

* Factorias AUCOSA:

- en Punta Chapelisa.

* Baleeira da Massó.

* Conservas Alfageme.

* Industrias Frigoríficas:

- Frigoríficos do Morrazo.

- Fandicosta.

- Vieirasa.

- Pescanova Chapela.

- Frioya.

- Frigorificos de Vigo.

- Pescanova Beiramar.

- Gabrielito e outros.

- Pereira.

- Pescapuerta 1 e 2.

- Vasco Gallega.

- Frigorificos del Berbés.

Patrimonio

relacionado

Testemuñas

Non se coñecen

Bibliografía

* 1: ESPÁRRAGO FERNÁNDEZ, MANUEL. "El puerto pesquero de Vigo", en Revista de obras públicas, nº 2746, do 1-02-1944.

* 2: GIRÁLDEZ RIVERO, JESÚS. "Los Thenaisie. Thenaisie-Provôté: nombre francés para una empresa cien por cien gallega", En Las familias de la conserva. (CARMONA BADÍA, XAN, dir. e coord.). Ed: Deputación de Pontevedra e ANFACO-CECOPESCA, 2011.

* 3: CARMONA, XAN; IGLESIAS, XOSÉ RAMÓN e LÓPEZ, MARIÑA. Alfageme. Historia e memoria. Ed. Instituto de Estudios Vigueses. 2020. 2

* 4: VALDES HANSEN, FELIPE. Los balleneros en Galicia (Siglos xiii al xx). Ed:  Fundación Pedro Barrié de la Maza. 2010.

* http://www.aucosa.com/ (consultado o 18-XI-2017).

* Ficha 78 do "Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial en Vigo y su comarca" de BEREA, EDUARDO e GARCÍA MOVILLA, C. Ed. MOPU. Ano 1993.

* Ficha 133 do "Proyecto COAG/VIGO: patrimonio arquitectónico moderno y contemporáneo en Galicia ‘Arquitectura industrial en Vigo" de SOBRINO FAGILDE, IRIA e CALVIÑO IGLESIAS, RAI . Vigo: ed. COAG Vigo. Ano 2008.

Última actualización da ficha: 30-III-2021.

Ángulo sueste.

Ángulo sueste. Extraído de SOBRINO FAGILDE, IRIA e CALVIÑO IGLESIAS, RAI, ano 2008.